O Teatro de Ribadeo acolle este venres 9 e o sábado 10 de maio a primeira das sesións das sétimas xornadas de abordaxe integral da violencia de xénero no ámbito local baixo o título de “Resistencias que impiden avanzar no combate contra a violencia machista”.
Estas xornadas organizadas polo Concello e o CIM da localidade darán comezo ás 16.30 horas coa intervención do alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de igualdade, Mariluz Álvarez. Posteriormente, a xornalista Bárbara G. Vilariño, especializada en cultura e información con visión de xénero, abordará a problemática da violencia de xénero nos medios de comunicación.
Marta Rodríguez, presidenta da Asociación de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero de Lugo “Sí,hai saída”; a traballadora social Lorena Pino e Gloria Vázquez, presidenta da Asociación “Ve-la luz” da Coruña ofrecerán un relatorio sobre as respostas sociais ante a violencia de xénero entre as 18.00 e as 19.00 horas.
Ó remate do relatorio, o cabo da Garda Civil Iván Pato, especialista do EMUME (Equipo Muller-Menor) como membro do Equipo de Policía Xudicial de Burela, e María Teresa Pérez, do posto de Ribadeo; ofrecerán unha charla sobre o protocolo de seguimento das vítimas de violencia de xénero polas FCSE.
Xa o sábado 10 de maio a xornada comezará ás 10.30 horas cunha charla sobre as prácticas coeducativas a desenvolver dende os centros educativos coas intervencións de Marian Moreno do IES Corvera (Asturias) que xa ten publicado moito sobre esta temática e Branca Nazaré Guerreiro, orientadora do CPI Dr. López Suárez de Friol.
Despois dunha pausa de media hora cara ás 12.30 horas dará comezo a conferencia de Pilar Sampedro Diaz, psicóloga do Centro de Terapia Sexual e Mediación familiar sobre “o mito do amor-pasión e a relación coa violencia de xénero”.
Estas xornadas rematarán pola tarde cun relatorio sobre “xénero e violencia en contexto migratorio” a partir das 16.30 horas da man da doutora Luzia Oca González, docente da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.
Entre as 17.30 e as 18.30 horas mulleres dos grupos de teatro de Ribadeo – dirixido por Toni Deaño- e Ollomao – dirixido por Ramón Casas- e do Observatorio da Mariña pola Igualdade ofrecerán aos asistentes como despedida unha performance sobre a violencia de xénero amenizada coa música de violín, chelo e acordeón dos profesores da Escola de Música de Ribadeo.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



