Lugo, 27 de maio de 2014.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, invitou este martes ao goberno provincial a reflexionar sobre a súa “absoluta” inacción en materias onde tanto debe aportar en seguridade dos lucenses e dos seus bens, como é na loita contra os incendios, no lugar de formular “curiosas iniciativas en ámbitos onde as planificacións e as actuacións son un feito”.
Os populares fixeron estas declaracións durante o debate da moción presentada polos socialistas e nacionalistas na que esixían á Xunta de Galicia que asumira as súas responsabilidades na loita contra os incendios. Neste senso, a través de datos os populares defenderon a xestión contra a proliferación de incendios que promove a Xunta; a maiores de a través dunha enmenda reclamarlle a Deputación de Lugo maior colaboración.
Neste senso, os populares reproban que o PSOE e o BNG durante a sesión plenaria se negasen a colaborar cos concellos na elaboración dos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, achegando unha partida orzamentaria suficiente para tal fin. A maiores os populares critican que a Deputación, ao igual que fixeron outras administracións provinciais, se negase a poñer todos os medios mecánicos e humanos dispoñibles ao servizo do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga).
Tardanza nos desbroces
Os populares tamén pediron na súa enmenda, que reixeitou o PSOE e o BNG, que a Deputación se comprometese a desenvolver tarefas de prevención axeitadas, nomeadamente o desbroce e limpeza das beiras das estradas de titularidade provincial, antes da chegada da tempada de alto risco. “É coñecido por todos que nos últimos anos tardaron en facer desbroces nas vías provinciais”, matizou Candia.
O traballo da Xunta
A actitude da Deputación contraponse ao traballo posto de manifesto pola Xunta de Galicia. Así, os populares basearon a súa intervención en datos. De comparar as lexislaturas 2005 e 2009 (co bipartito no goberno) e a 2009 e 2012 por outro lado: a superficie forestal queimada reduciuse nun 52%; a superficie forestal arborada queimada reduciuse por riba do 75% e o número total de lumes reduciuse nun 20,6%.
Así, os feitos, segundo puxeron de manifesto os populares, demostran quen son os que apoian a prevención. Neste senso, dende o GPP lembran que Age e BNG apoiaron unha enmenda do PSOE que recortaba en 2 millóns de euros o programa de prevención e extinción de incendios. De igual maneira, co bipartito desapareceron as subvencións para cuadrillas de prevención e extinción de incendios forestais a comunidades de montes veciñais en man común; mentres a Xunta de Galicia está a apostar por mellorar o financiamento e planificación das políticas de prevencións: 96 millóns de euros para desenvolver accións preventivas e infraestruturas forestais; 97 millóns investidos entre 2009 e 2012 en tratamentos silvícolas de carácter preventivos; entre outros datos…
“Do que non se lembran son de reducións promovidas polo anterior Goberno do Estado co supresión de case 5 millóns de euros en fondos para reforestacións e accións preventivas ou en 2006, cando había cartos, fixeron unha rebaixa dun 34% no operativo”, concluíu Candia.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



