A delegación municipal de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal de Burela, ven de organizar o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2014”, na súa fase local, no cal participaron tódolos nenos do Concello con Narracións e Debuxos sobre o tema “Cociñando Contos”.
A entrega dos premios será na Biblioteca Pública de Burela o vindeiro mércores, 11 de xuño, ás 19:30 horas.
Os gañadores, nesta fase local, foron os seguintes:
NARRACIÓN:
-Categoría A (ata 8 anos):
.1º premio: Lucía Cancelos Rebolo. 8 anos. CEIP Vista Alegre.
.2º premio: Lia Ainara Colman Mello. 8 anos. CEIP Vista Alegre.
.3º premio: Nerea Gómez Lestegás. 6 anos. CEIP Vista Alegre.
-Categoría B (de 9 a 11 anos):
.1º premio: Lucía Tellado Rodríguez. 9 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
.2º premio: Carla Gómez Lestegás. 10 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
.3º premio: Iria Fraga Yribarren. 10 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-Categoría C ( de 12 a 16 anos ):
.1º premio: Irene Rico Gómez. 15 anos. IES MONTE CASTELO.
.2º premio: Lorena Barrera López. 15 anos. IES MONTE CASTELO.
.3º premio: Milagros Catherine Delgado Delgado. 12 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
DEBUXO:
-Categoría A (ata 8 anos ):
.1º premio: Rocío García Cambeiro. 8 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
.2º premio: Lucía Cancelos Rebolo. 8 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
.3º premio: Nausica Bernardi Ares. 8 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
-Categoría B ( de 9 a 11 anos) :
.1º premio: María Carreira Carreira. 11 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
.2º premio: Iria Pardo Neira. 10 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
.3º premio: Alejandro Fernández Fernández. 9 anos. CEIP VISTA ALEGRE.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca de Lugo.
A Delegación de Cultura e a propia Biblioteca felicitan aos premiados e a tódolos participantes deste Certame “Letras Galegas 2014”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



