O axuste fiscal que vén de presentar o Goberno español (polo seu alcance non se lle pode chamar reforma), insiste en seguir a beneficiar as rendas altas, as grandes fortunas e o Capital empresarial e financeiro. Así, malia recoller unha rebaixa apenas simbólica no IRPF para os tramos baixos, nos que se concentra a maioría da poboación, o desconto é cuantitativamente moito máis zumento para quen máis ten. Pagaremos algo menos, mais os que máis cobran pagarán inda menos. Non por acaso os técnicos do Ministerio de Facenda sinalan, por boca do seu sindicato corporativo, que as persoas máis beneficiadas serán aquelas con ingresos por riba dos 150.000€ ao ano, que pasan de tributar o 52% a só o 45%. Pola contra Montoro mesmo pretende cobrar(nos) impostos tamén das indemnizacións por despedimento. A fiscalidade do funil.
Un dos aspectos máis inxustos do axuste é a redución dos tramos do IRPF, que pasan de sete a cinco. Desta maneira limítase substancialmente a progresividade fiscal, pedra basilar para que a recadación impositiva para alén de financiar as arcas públicas actúe como instrumento para a redistribución da riqueza, ou o que é o mesmo: para un mellor reparto.
Ao tempo que como se ve a contribución económica da maioría do povo -que representa a clase traballadora- a través dos impostos manterase practicamente no mesmo nivel actual, o grande empresariado é premiado con novos descontos. Así poderán evitar pagar impostos polo 10% dos seus beneficios sempre que os destinen a “recursos propios” e a reducir o seu endebedamento. Ben podían aplicar esa medida para esa inmensa maioría de fogares que non son quen de chegar a fin de mes! Para a fracción restante dos seus lucros o imposto de sociedades pasará do 30 ao 25%.
Para alén do máis, há tres factores que se engaden ao propio deseño antisocial deste axuste. Primeiro, o claro oportunismo electoral tanto do anuncio como da súa posta en marcha. Falamos de medidas que comezarán a se implementar, na práctica, ao longo de 2015, en vésperas de eleccións xerais. Co agravante de que os seus efectos reais só se poderán comprobar pasados estes comicios.
Segundo, que este axuste -do que se beneficiarán as capas acaudaladas- suporá unha nova merma dos ingresos públicos entrementres a débeda continúa a aumentar. De aí que esta rebaixa impositiva poida acabar provocando, baixo a coartada da obrigatoriedade de cumprir o obxectivo de déficit público imposto pola Troika, novos recortes no gasto público, isto é, en servizos públicos esenciais (sanidade ou ensino) como se vén facendo desde 2011.
Terceiro, esta rebaixa non nos vai colocar, como sostén a propaganda oficial, no nivel de presión fiscal de 2011, antes da subida histórica imposta por Rajoy nada máis chegar á Moncloa. Neste senso, debemos ter presente o brutal empobrecemento dos salarios, das prestacións e das pensións públicas, amais da cifra obscena de fogares que carecen de ingresos que se rexistraron nos últimos anos. Ao cabo, seguiremos a pagar máis do que podemos e debemos. Tal é así que inda coa rebaixa suporá 7.300 millóns de euros menos de ingresos para o Estado, e as comunidades autónomas (limitando a súa capacidade de financiamento da sanidade ou o ensino), as sucesivas subas de impostos impulsadas polo PP Facenda seguirá a ingresar 23.700 millóns de euros máis que antes da súa chegada ao goberno.
Por unha verdadeira reforma fiscal
Fronte esta medida cosmética, faise hoxe máis necesaria ca onte a sempre adiada reforma fiscal. Mais unha reforma que faga realmente efectivo o criterio de que quen máis ten pague máis, que obrigue a tributar aos grandes capitais que ou ben defraudan ou ben se acollen a fórmulas infames (como as SICAV e outra trampas). Hai que comezar a inverter a tendencia que nas últimas décadas foi alixeirando de impostos ás finanzas, o grande empresariado e as grandes fortunas, para llo cargar á maioría social.
Unha reforma asentada pois nunha progresividade que para ser real hoxe exixiría unha rebaixa significativa na achega impositiva de quen apenas ten ingresos e que debería compensarse gravando as economías máis folgadas. Unha reforma que se centre na recadación por vía de imposición directa (a que ten en conta os ingresos de quen paga) e minore a imposición indirecta (IVE…), que amais de socialmente insolidaria supón un obxectivo freo para a demanda interna, ao restrinxir o poder de compra e penalizar o consumo.
Unha reforma que avance na transferencia competencial, permitindo ás comunidades autónomas adecuar os impostos a súa realidade obxectiva e ao tempo se responsabilizar do seu propio financiamento, paso indispensábel para avanzarmos como pouco na urxente descentralización do Estado, que poida sentar as bases dunhas finanzas autocentradas.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



