BURELA .- As escolas deportivas municipais de Burela inician as actividades o día 15 de setembro, según anunciou a alcaldesa en funcións e portavoz do BNG no concello de Burela, Neves Cando. A responsable nacionalista que subliñou que este curso “como novidade, queremos introducir o voleibol” e “imos implantar o balonmán nos dous colexio de Burela”, ademais “teremos actividades como patinaxe, tenis, tenis de mesa, bádminton, aerobic, ximnasia de mantemento e xogos tradicionais”. Os interesados poden inscribirse dende o luns na Casa do Concello, na Casa da Cultura o una Biblioteca Municipal.
Nota de Prensa
VOLEIBOL E BALONMÁN CENTRAN AS NOVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE BURELA QUE BOTAN A ANDAR O 15 DE SETEMBRO.
Burela, 5 de setembro de 2008. O 15 de setembro botarán a andar por segundo ano consecutivo as escolas deportivas municipais de Burela, segundo anuncia hoxe, a concelleira delegada de Deportes e alcaldesa en funcións, Neves Cando. A edil nacionalista asegura que <continuaremos cos convenios que vimos mantendo co Burela F.S. Pescador Rubén, coa Sociedade Deportiva Burela e co Clube Baloncesto Burela para desenvolver as actividades destes tres deportes. Os interesados terán que inscribirse nestes casos nos devanditos clubes. E tamén mantemos o convenio co Clube Natación Xove para posibilitar a práctica desta disciplina aos nosos mozos e mozas>.
Na oferta das escolas para este 2008-2009 destinadas a todos os públicos <teremos actividades como patinaxe, tenis, tenis de mesa, bádminton, aerobic, ximnasia de mantenimento, xogos tradicionais e como novidade queremos introducir o voleibol>, segue a relatar Neves Cando. O prazo de inscripción para participar nestas actividades deportivas ábrese o vindeiro luns 8 de setembro e deberá realizarse na Casa do Concello, na Casa da Cultura o una Biblioteca Municipal. As escolas deportivas funcionarán desde o 15 de setembro ata o 29 de maio.
Tamén este ano <e seguindo coa experiencia piloto que xa desenvolvemos o ano pasado continuaremos colaborando coa Federación Galega de Balonmán para voltar a ter con forza este deporte en Burela que foi un referente na Mariña no seu día e despois desapareceu totalmente. Este ano imos implantar o balonmán nos dous colexio de Burela> engade Neves Cando, que destaca que <tamén teremos actividades deportivas para os máis pequenos nos propios centros educativos (Virxe do Carme e Vista Alegre) coma aerobic, karate e xogos psicomotrices>.
A alcaldesa en funcións de Burela lembra que <as escolas deportivas son plenamente municipais e gratuitas. Son tamén un tema que temos moi coidado aquí en Burela, de aí que contratásemos no seu día a dous técnicos-monitores deportivos que traballan coa colaboración doutros expertos e dos clubes para ofrecer unha ampla variedade de actividades que todos os anos iremos ampliando, tal e como facemos este ano co voleibol e con balonmán>.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



