Lugo, 14 de xullo de 2014. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, vén de reunirse con Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, para asinar un convenio entre ambas entidades para a posta en marcha de diversas iniciativas destinadas a promover o emprego da lingua galega entre a poboación en xeral pero especialmente entre a mocidade.
Dito convenio regula a subvención que a Deputación de Lugo outorga á Mesa pola Normalización Lingüística por valor de 28.000 euros para dinamizar o emprego do galego na administración pública, nas escolas e nas empresas, así como para garantir o cumprimento dos dereitos lingüísticos.
Durante a xuntanza, o delegado de Cultura referiuse á Mesa de Normalización Lingüística como “a maior das asociacións culturais galegas”. E estas afirmacións non son de balde xa que a Mesa pola Normalización Lingüística é unha organización consolidada, implantada en toda Galiza, con 4.000 socios e socias e unha repercusión social moi importante; en definitiva, a casa común do traballo pola normalización do idioma, que implica nas súas accións a todo tipo de organizacións, institucións e empresas.
Asemade, Outeiro lembrou algunhas coincidencias, cada vez máis, entre a área de Cultura da institución provincial e o mencionado colectivo. Neste sentido referiuse ao “traballo claro e inequívoco que desenvolvemos pola defensa da nosa lingua” ou á “crítica a toda a normativa aprobada pola Xunta de Galiza en materia de Normalización Lingüística, que non fai senón reducir o uso do galego coma se este fose un idioma estranxeiro no seu propio país”.
Filgueira Valverde
A día de hoxe, a ese pensar común, hai que engadir a crítica á elección da Real Academia Galega da figura de Filgueira Valverde como escritor homenaxeado das Letras Galegas para o 2015.
Neste sentido, Mario Outeiro foi crítico coa decisión da Real Academia Galega, tachando de “pouco oportuna” a elección “dunha figura que tivo todo tipo de responsabilidades durante a Ditadura Franquista, unha das épocas máis escuras para o noso idioma”.
Así mesmo, o delegado de Cultura alegou que “había outras candidaturas que xerarían un maior consenso e máis explotables dende un punto de vista didáctico, como é o caso de Manuel María, que a finalmente elixida”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



