NOTA DE PRENSA
O voceiro do Mar do Grupo Popular lémbra que a Xunta está a elaborar un estudo para simplificar, racionalizar e reducir as taxas que soportan mariñeiros, armadores e outros usuarios das instalacións portuarias
BALSEIRO: “O PSOE TEN MEDO A QUEDAR EN EVIDENCIA POLA DECISIÓN DA ACTUAL XUNTA DE ELIMINAR O RÉXIME CONFISCATORIO DE TAXAS PORTUARIAS IMPOSTO POLO BIPARTITO”
* O deputado socialista Ismael Rego “non está á altura do cargo que ostenta –a presidencia da Comisión de Economía- se pensa que a redución de taxas se pode levar adiante dun día para outro, sobre todo tendo en conta que estes cambios teñen transcendencia no orzamento da Xunta.
* O PP mantén a súa intención de promover unha menor carga fiscal nos portos galegos, malia que vaia en contra da filosofía dos socialistas, porque entende que será positivo para revitalizar a situación económica das empresas e usuarios destas instalacións.
Santiago , 23 de xullo de 2009.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, asegura que a gran preocupación dos socialistas está en que o novo Goberno de Galicia vai a terminar co sistema confiscatorio e irracional de taxas portuarias posto en marcha polo PSOE na pasada lexislatura, cando esta formación política xestionaba a extinta Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Deste xeito interpreta o parlamentario popular as críticas realizadas polo deputado socialista Ismael Rego quen cualificou como un globo sonda a intención dos novos xestores da Xunta de Galicia de reducir este tipo de cargas impositivas que se lles cobran a mariñeiros, armadores e outros usuarios das instalacións portuarias de competencia autonómica.
Balseiro explicou que, tal e como adiantou o presidente do Ente Público Portos de Galicia, na súa comparecencia na Cámara galega, Jose Manuel Álvarez- Campana, estase a elaborar un estudo dirixido á simplificación, racionalización e redución das taxas portuarias. O voceiro do Mar do PPdeG amósase sorprendido porque o deputado Ismael Rego non se dera conta desta cuestión, xa que preside a Comisión de Economía onde precisamente se adiantou a elaboración deste estudo. Segundo Balseiro Orol esta falta de rigor do deputado socialista amosa ben ás claras que o que verdadeiramente lles molesta é que exista un compromiso claro para baixar este tipo de impostos, favorecendo aos homes e mulleres do mar, e racionalizando os trámites administrativos que se ben obrigados a soportar estes usuarios dos portos galegos.
REVITALIZAR A ECONOMÍA PORTUARIA
“O que os novos responsables da Xunta de Galicia buscan, mediante a futura modificación do actual sistema de taxas é revitalizar a actividade económica nas distintas instalacións portuarias empregando precisamente un sistema contrario á filosofía que defenden os socialistas, e por iso molesto para o PSOE, isto é, baixando os impostos en vez de promovendo máis cargas tributarias, taxas e sistemas de confiscación da riqueza” explicou Balseiro Orol.
COMPLEXIDADE E TRANSCENDENCIA TRIBUTARIA
Por outra banda, o voceiro do Mar do PPdeG clarexou que se Ismael Rego non é capaz de comprender que antes de acometer a anunciada reforma das taxas portuarias, e de todo o sistema administrativo a elas vinculado, resulta necesario elaborar un estudo previo, entón moi probablemente este señor non estará á altura da responsabilidade que este deputado ostenta, isto é, o de presidente da Comisión de Economía do Parlamento.”Temos previsto facelo ben, e hai que estudar a mellor fórmula para elo, sobre todo tendo que a anterior Xunta deixou como herdanza un sistema enormemente complexo e con grande carga burocrática” indicou o deputado popular. Balseiro tamén explica que toda redución e simplificación das cargas impositivas, ten a súa influenza no orzamento –que precisamente neste momento se está a elaborar nas súas liñas mestras- e polo tanto non cabe frivolizar.
ALIVIO DA CARGA FISCAL, EN ESPECIA, PARA AS XENTES DO MAR
Finalmente, Balseiro Orol interpreta o feito de que sexa o deputado socialista Ismael Rego e non a voceira de Pesca do PSOE, Marisol Soneira, quen sae á palestra sobre este asunto é unha claro síntoma de que os socialistas son moi conscientes de que non se pode botar por terra unha iniciativa como a que o PPdeG está a propoñer e que se basea no alivio da carga fiscal que teñen que soportar mariñeiros, armadores, e outros usuarios dos portos galegos.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



