Dende fai preto dun mes dá a impresión de que o problema máis grande que ten prantexado Burela hoxe é se unha rúa seguirá levando o nome de Eijo Garay polo cal é coñecida dende hai moitos anos ou se pola contra se lle cambiará o nome.
Un, na súa inorancia cría que o realmente importante é saber que pasa co acceso ao porto que leva máis dun ano parado e máis de quince de que se falase del por primeira vez, no lonxano ano de 1993 o actual portavoz do PP, tamén naquel intre portavoz da oposición escribía longos artigos nos xornais sobre o devandito acceso. Ou que tal vez o goberno e a oposición en Burela deberían estar preocupados de facer da vila un lugar onde os cidadáns poidesen disfrutar de calidade de vida polos seus equipamentos públicos, e de facer da vila un lugar agradable para os seus cidadáns.
Xa me dou conta de que estaba equivocado, é importantisimo o nome da rúa Eijo Garay. Polo tanto coma un dos cidadáns desta vila tamén teño dereito a expresar a miña humilde opinión, facendo algunha reflexión personal e por suposto respetando todas as expresadas polos diversos colectivos. En primeiro lugar manifestar que a proposta de Buril é impecable, é certo Eijo Garay tivo un papel destacado en defensa da dictadura do Xeral Franco e polo tanto non é merecedor segundo a Lei da Memoría Histórica de dar nome a unha rúa. Débese polo tanto de cambiar o nome inmediatamente? Baixo o meu punto de vista non. Os nomes das rúas deben ser consensuados por unha ampla maioría e deberían levar nomes “asépticos”, aínda que sexa difícil, como o é agora en Burela poñerse de acordo, as veces incluso os nomes de escritores teñen ideoloxía e polo tanto non hai puntos de encontro.
En todo caso deberiase abrir un proceso para estudar que nomes de rúas deben ser cambiados e que nome se lles vai poñer, o de deixar rúas sen nome non parece ser unha solucción. É consciente o Colectivo Cultural Buril que a principal rúa de Burela leva o nome dun alcalde franquista, Arcadio Pardiñas, que non foi elexido polos cidadáns senón que foi nomeado polo réxime. Non estou a propoñer que se cambie o nome a principal avenida de Burela, pero estou seguro que o Buril si o terá que facer se é consecuente coa súa proposta. Antonio Garelly, ademaís de inxeñeiro de portos, tivo unha forte vinculación co réxime fascista do Xeral Franco, poida que haxa algunha máis.
Un segundo paso sería ver cales poden ser os novos nomes, tería que obterse un acordo amplo ou mellor por consenso. Sería posible neste caso? Por certo, xa sabemos cal será o primeiro punto do programa do partido popular ou populista de Burela para o programa das municipais 2011, volverlle o nome a rúa Eijo Garay, o dito ao principio deste artigo, hai partidos políticos en Burela que pensan que o problema máis importante que ten a nosa vila é o nome dunha rúa, e encima aspiran a maioría absoluta, esto dá idea da madurez política dos seus membros. Posto a dar ideas tamén se podería seguir o modelo Vicedo, xa saben o alcalde en exercicio, usando a súa maioría na corporación, ponlle o seu nome a principal rúa, moitos lembramos a Avda. Doctor Prado Villapol, sería fácil o seguinte alcalde cambiao e ponlle o seu, un exercicio interesante e ademais fomenta o emprego facendo e colocando novas placas.
Se non hai acordo tamén cabería facer unha consulta, por exemplo aos pais dos alumnos matriculados nos colexios de Burela a principios de curso, podería ser algo así: 1 Débeselle cambiar o nome a rúa Eijo Garay SI ou NON. 2. (A contestar só polos que responderon si). Poñerialle a)Rúa Galicia, b)Avenida da liberdade ou c)Rúa González Barcia. (Marque só unha). Despois de tabulada seria o procedemento máis democrático para nomear a rúa. Aínda que pareza de risa non o é tanto, e o mesmo que está a facer a Xunta de Galicia para cambiar algo máis importante o decreto que regula o emprego do galego no ensino.
Outra idea que aínda que pareza peregrina non o é tanto, e poñerlles número as rúas non nome, en moitas cidades de América ocorre que hai a rúa vintetrés ou a Quinta avenida en New York, non seriamos os primeiros en Burela se lles poñemos un número a cada rúa pero evidentemente é moito máis pobre en todos os xeitos que poñerlle o nome de persoa, cidade, país… que non xere controversía, o dito é posible que Burela tamén teña a súa Quinta Avenida.























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



