Xove, 27 de agosto de 2014.- A A delegada territorial, Raquel Arias, visitou hoxe aos alumnos participantes no obradoiro de emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove II”, que comeza hoxe mesmo e foi impulsado conxuntamente polos concellos de Xove, Burela e Cervo.
No acto de hoxe, no que tamen participaron os alcaldes de Xove, Demetrio Salgueiro; Burela, Jose Maria González Barcia, e Cervo, Alfonso Villares, a delegada subliñou que a Consellería de Traballo e Benestar inviste máis de 2,3 millóns de euros nos 13 obradoiros de emprego que se poñen en marcha estes días na provincia, que facilitan formación a 263 persoas. Ademais, Arias tamén recordou que, neste ano, ofrecese emprego a preto dun cento de persoas contratados como monitores e persoal de dirección ou administración.
Así, froito do impulso da Xunta de Galicia, con estes novos talleres que agora comezan suman 22 as iniciativas deste tipo que se realizan na provincia de Lugo ao longo deste ano, promovendo a formación e contratación de arredor de 455 desempregados. En total, nos obradoiros que se desenvolven este ano invístense máis de 4 millóns de euros.
Arias subliñou a necesidade de seguir sumando sinerxías que procuren a creación de postos de traballo a nivel local. Ao respecto, indicou que existen novos viveiros de emprego susceptibles de xerar postos de traballo e “os concellos xogan un importante papel para detectar e aproveitar estes nichos de emprego no seu ámbito”.
A delegada explicou que a Consellería de Traballo e Benestar inviste preto de 178.000 euros (177.668,40 euros) no proxecto “Sendas de Burela, Cervo e Xove II”, no que 20 traballadores desempregados adquiren formación teórica e experiencia laboral nas especialidades de xardinería e pintura, realizando obraObras de interese social nos tres concellos.
Os participantes do obradoiro levarán a cabo actividades nos diferentes concellos. Deste xeito, en Burela, farase o mantemento e conservación do edificio multiusos, das antigas oficinas do Xulgado de Paz, da Casa da Xuventude entre outros, así como o repintado de varios pasos de cebra da vila.
En Cervo e Xove os obradoiros céntranse na xardinería. Deste xeito no primeiro dos concellos recuperarase o antigo viveiro de plantas ornamentais da Avenida de Galicia, farase o mantemento do Parque das Lobeiras e a Praza do Souto, o acondicionamento do camiño da Ponte Romana a Guioncho e a área recreativa Atalaia ou o acondicionamento de varias rotondas. No Concello de Xove traballase no acondicionamento do Parque Municipal do Centro Cívico de Xove, de xardineiras e alcorques do núcleo urbano de Xove e de Palmeiro.
Raquel Arias defendeu o novo modelo de obradoiros de emprego, que en determinados casos promove aos concellos a mancomunar as propostas, porque “significa coordinar accións e reducir custos, permitindo o acceso do maior número posible de persoas desempregadas”.
Os obradoiros están dirixidos a persoas maiores de 18 e teñen unha duración de seis meses, dende hoxe ata o 26 de febreiro, durante os cales os alumnos traballadores perciben un salario e adquiren unha formación teórica e práctica orientada ás demandas reais do mercado laboral.
Esta filosofía de “aprender traballando” permite ademais que os obradoiros realicen obras e servizos de interese para os concellos que os albergan, aspecto que tamén apuntou Arias durante a súa visita. “En xeral -afirmou- estes proxectos abren un importante espazo de colaboración cos concellos, que son os que mellor coñecen tanto o seu potencial como as súas necesidades”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



