Lugo, 22 de outubro de 2014.- A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, anunciou este mércores que o grupo provincial do PSdeG levará ao vindeiro Pleno, previsto para o martes, unha proposta de acordo na que solicita á Xunta de Galicia crear un grupo de traballo co obxectivo de incrementar a capacidade de aloxamento de peregrinos na Mariña, habilitando para elo como albergue público o Miradoiro de Mondoñedo. O organismo provincial, propietario desta edificación de 4.812 metros cadrados de superficie, está disposta a cedela para levar a cabo este proxecto.
Lara Méndez subliñou que se trata dunha iniciativa “necesaria e moi positiva para a Mariña porque o actual albergue de Mondoñedo, con 24 prazas, estase quedando obsoleto e pequeno. Nos pasados meses de xullo e agosto, os peregrinos tiveron que ser desprazados ao polideportivo municipal porque as instalacións estaban saturadas”.
Ademais, converter o Miradoiro nun albergue “serviría para dar un importate pulo ao Camiño de Santiago ao seu paso por esta comarca, contribuíndo a desestacionalización do turismo”, sinalou Méndez. Son preto de 40 quilómetros de ruta entre Ribadeo, Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo que potencian o coñecemento e a activide económica destes Concellos. “Nos primeiros oito meses deste 2014, o Camiño do Norte rexistrou preto de 13.300 peregrinos, converténdose na 3ª ruta que máis viaxeiros recibe, por detrás do Camiño Francés e do Portugués, e tan só no que vai de ano, pasaron case 600 peregrinos polo albergue de Mondoñedo. Iso sen contar os que realizaron o Camiño do Mar, que a Xunta segue sen oficializar”, apuntou a Vicepresidenta Segunda.
A 3ª ruta máis popular
“É a Xunta a que ten a potestade e as competencias para asumir este proxecto, pois a Lei atribúelle a responsabilidade exclusiva de potenciar o Camiño de Santiago e garantir unha rede axeitada de albergues públicos de peregrinos”, explicou Méndez, quen recalcou que “un dos maiores reclamos que posúe Galicia, e que recolle a esencia do turismo da nosa comunidade, é o Camiño de Santiago. Dende o ano 1970 nunca diminuíu o número de peregrinos, pasando dos 68 en 1970 aos máis de 272.000 en 2010. En 40 anos incrementouse nun 100% o número de viaxeiros”.
A proposta que a Deputación lle fai ao Goberno galego “é un paso máis na nosa firme aposta por impulsar todas as rutas xacobeas que atravesan a provincia, máis de 800 quilómetros; e en especial as da Costa –Camiño do Norte e Camiño do Mar-, con iniciativas como o Surf Camp, a Peregrinación Martítima ou a edición de dous libros e un DVD para divulgar os atractivos deste itinerario”, subliñou a Vicepresidenta, quen tamén recordou a visita de turoperados alemáns á comarca o pasado ano e o firme compromiso da Deputación para oficializar o Camiño do Mar.
Posta en valor do patrimonio lugués
Dándolle un uso público ao Miradoiro de Mondoñedo, a Deputación segue adiante coa posta en valor do seu patrimonio, ao igual que fixo co Hospital de San José en Lugo, o complexo de Aguasmestas en Quiroga, o pazo monortino de Tor; a gardería do Campus Universitario de Lugo, que o organismo provincial cedeu á asociación Raiolas; ou a recuperación do antigo Hotel Miño como sede da UNED na capital luguesa.
“O que lle pedimos á Xunta é a mesma actitude de colaboración institucional que a Deputación lle está a prestar en actuacións que son de competencia autonómica”, sentenciou Méndez, como por exemplo, o financiamento conxundo do plan de melloras de camiños municipais, o PEIM, no que a Deputación pasou a achegar este ano, por primeira vez, máis do 10% do orzamento garantindo así a súa execución; a rehabilitacción das pallozas do Piornedo, traballos para os que o organismo provincial aporta o 65% do orzamento, 160.000 euros; os Grupos de Emerxencias Supramunicais (GES), que a institución luguesa financia nun 20%; ou o Consorcio Provincial de Bombeiros, que financia ao 50% Deputación e Xunta.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



