O pasado dia 10 de Novembro, membros da xunta directiva da Federación Rural Galega – Fruga, mantivemos unha entrevista coa conselleira de Medio Rural, entrevista solicitada en datas pasadas para abordar a crise actual que está a sufrir o sector lácteo galego, derivada da ameaza de aplicación da supertaxa por un lado e os baixos prezos que están percibindo os produtores, que sofren descensos de 7 céntimos de media dende o mes de marzo do presente ano.
A nosa postura foi clara con respecto a problemática actual que sufrimos os gandeiros e gandeiras galegas, por un lado é preciso por en funcionamento órganos de carácter interprofesional destinados a establecer unhas relacións comerciais xustas, non como as actuais que con tal de manter o marxe de beneficios de industria e distribución, aplícanse baixadas de prezos os produtores, últimos no elo da cadea alimentaria.
De ahí a posta en funcionamento de órganos como o observatorio de prezos ou a Mesa do Leite, demanda transmitida en diversas ocasión por esta organización. Xa que na actualidade co actual o sistema de contratos non serve para establecer unha negociación entre produtores e industria, limitándose esta última a por un prezo de forma unilateral sen que as explotacións teñan nada que dicir.
A postura da conselleira de Medio Rural non coincidiu para nada coas demandas de FRUGA, limitándose a dicir, que os gandeiros tiñan que asociarse e establecer as respectivas negociacións coa industria. Segundo as teses da conselleira, a política en materia agraria e gandeira desta consellería pasa por non intervir para nada nas relacións comerciais entre produtores e industria, deixando indefenso o sector produtor en beneficio das industrias e da distribución, e permitindo que o sector lácteo galego se regule pola lei da Selva.
Con respecto a apliación do paquete lácteo, temos que resaltar as coincidencias da conselleira de Medio Rural con FRUGA, no que respecta a consecución dunha única OPL(organización de produtores lácteos) en Galiza, tendo en conta que na actualidade Galiza ten preto do 60% das explotacións lácteas do estado español e produce mais do 40% do leite total do estado. Aínda que as discrepancias xurdiron a hora de por en marcha esta única OPL galega, xa que a conselleira limitouse a dicir que tiña que partir do propio sector, sen negan tipo de participación da propia xunta de Galicia.
Outro dos aspectos que se lle plantexou a conselleira foi as dificultades que teñen moitos gandeiros e gandeiras do país para poder aumentar a súa superficie agraria útil, asunto que derivou en parte da nova política de infraestruturas no medio rural, destinada por un lado a primar a forestación de terras agrarias, e por outro lado suprimindo órganos como o banco de terras, sen aplicar na maior parte dos casos ningún tipo de sancións contra o terreo improdutivo que existe no rural galego.
Por último, e no que respecta a un asunto de suma importancia como foi a quebra da empresa Alimentos Lácteos, na cal a Xunta de Galicia gobernada polo partido popular deseñou esta empresa a súa medida, vetando un grupo de cooperativas e pondo outras cooperativas con presidentes que curiosamente eran cargos institucionais do PP, a postura da propia conselleira foi sorprendente limitándose a dicir que despois de meter 8 millóns de euros nesta empresa, noutras empresas tamén se puxeron cartos da xunta e foron mal, culpando desta quebra os xestores de Alimentos Lácteos. Postura totalmente contraria a de FRUGA, que sempre defendeu unha investigación en profundidade desta operación, concretamente a través dunha comisión de investigación parlamentaria, e que se depuraran as responsabilidades oportunas tanto políticas como penais se as houbera.
Como conclusión podemos observar como a postura desta conselleira pasa por non facer ningún tipo de política no que o sector lácteo galego se refire, mostrando nulo interese polos actuais problemas que sufrimos os gandeiros e gandeiras galegas, e deixando que este sector se organice a súa maneira sen ningún tipo de actuación por parte do goberno.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



