Burela, 14 de novembro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, anunciou que a finais deste ano ou principios de 2015 estará funcionando a administración electrónica no Concello de Burela “a pesar da nefasta xestión da Deputación Provincial de Lugo nesta materia”. O investimento a realizar na súa instalación ascende a 15.000 euros, ao que logo se engadirán os custes anuais de mantemento.
O rexedor lembrou que “tal e como anunciamos hai unhas semanas o Concello de Burela vai a poñer en marcha a administración electrónica, probablemente antes de finais de ano, para cumprir coa Lei de Transparencia que vai a entrar en vigor a principios do ano 2015. Isto vai a supoñer un custo para o Concello de aproximadamente 15.000 euros, aínda que sen dúbida ningunha imos gañar en transparencia, que é do que se trata, e imos gañar en eficacia e tamén en eficiencia. De tódolos xeitos quero recordar que a Deputación Provincial de Lugo, que goberna o señor Gómez Besteiro, no seu día anunciou que ía instaurar a administración electrónica en tódolos Concellos da provincia. Isto foi alá polo ano 2009-2010, e a día de hoxe, cando xa está rematando 2014 e dentro de pouco máis de mes e medio imos a iniciar un novo ano 2015, a Deputación aínda non cumpriu os seus compromisos”.
González Barcia subliñou que “se o Concello de Burela vai ter que abonar 15.000 euros por poñer en marcha a súa administración electrónica, é precisamente polo abandono e a neglixencia da Deputación Provincial de Lugo, porque fixo moi mal as cousas e sinceramente debería dar explicacións convincentes de onde empregou os cartos que se levan invertido tanto na primeira fase do Innóvate con 9 millóns de euros, coma na segunda con 16 millóns de euros. Unha segunda fase que xa tiña que estar rematada a finais do ano pasado”. O alcalde burelés considera que “isto o deben saber os cidadáns, especialmente os cidadáns de Burela, e deben saber tamén que na primeira fase do Innóvate o que fixo a Deputación no noso Concello foi dende o primeiro momento, todo hai que dicilo, enviar dous ordenadores de mesa, dous ordenadores portátiles e unha pantalla de televisión e nada máis. E nesta segunda fase do Innóvate se colocou única e exclusivamente unha antena de wifi que ten unha capacidade de 56 ks, que é unha capacidade propia da época do nacemento de internet. Esa capacidade hoxe en día xa non se usa, porque é evidentemente moi pequena”.
José Mª González Barcia indicou que “a día de hoxe se está esperando a que por parte da Deputación se envíen as distintas claves aos usuarios, é dicir, aos empregados municipais que podían ter acceso á administración electrónica e no Concello de Burela o único que funciona é o Rexistro, pero logo non se pode levar a cabo ningún seguimento da documentación en soporte electrónico. Polo tanto, como digo, nós imos poñer en marcha a administración electrónica, estamos rematando cos trámites administrativos que hai que facer e que son obrigatorios, porque hai que cumprir a Lei de Contratos do Estado. Pero, en todo caso, resulta lamentable que se teñan eu creo que dilapidado 25 millóns de euros dende o ano 2010 ata este 2014, cando se dixo que se ía levar a cabo a administración pública en tódolos Concellos e parece ser que na propia Deputación aínda non funciona”.
O alcalde de Burela engadiu: “e isto nesta época onde temos un deputado provincial, o señor Llano, que forma parte da Corporación Municipal de Burela, e ademais sendo responsable das novas tecnoloxías, resulta sorprendente que a Deputación non teña feito nada máis en Burela, porque el debería xustificar o seu posto e debería xustificalo máis se cabe no Concello onde é concelleiro. En todo caso, todos sabemos da enorme capacidade de traballo do señor Llano, e iso se traduce precisamente na enorme rapidez coa que a Deputación pon en marcha a administración electrónica. Espera o Concello da Deputación, e do señor Besteiro en concreto, que algún día dea explicacións e nos diga porque os Concellos temos que poñer cartos do noso peto, e do peto de todos os cidadáns, para poñer en marcha a administración electrónica. E tamén, que nos explique que pasou realmente cos 25 millóns de euros de cartos públicos que o señor Besteiro tiña a obriga de investir precisamente na administración electrónica, facendo chegar esta administración a tódolos Concellos e en definitiva, a tódolos cidadáns”. González Barcia e o seu equipo contan que “a finais do presente ano, ou comezos do vindeiro 2015 coma moito, a administración electrónica sexa unha realidade no Concello de Burela, grazas a este equipo de goberno municipal e evidentemente, a pesar da nefasta xestión da Deputación Provincial bipartita que preside o señor Gómez Besteiro.”





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



