Continuando coa súa ronda de reunións con veciños polos distintos barrios da localidade, o alcalde de Burela, José María González Barcia, xunto con membros do seu equipo de goberno e da dirección local do PP, celebrará mañán, xoves, ás oito da tarde, no Bar Don Jamón, unha nova xuntanza con veciños, neste caso do entorno das rúas Rosalía de Castro, Pardo Bazán, etc. Desde o PP de Burela, animan ós veciños a participar activamente nestas reunións, que serven para explicar o traballo que se está a facer e o que está previsto, e tamén para recoller suxerencias e escoitar aquelas críticas que se poidan suscitar.
Reunión do PP de Burela en Rosalía de Castro e Pardo Bazán
Reunión do PP de Burela en Rosalía de Castro e Pardo Bazán
Relacionado
-
A Deputación aproba investir máis de medio millón de euros na mellora de cinco estradas provinciais
-
A Xunta mantén aberto o prazo de solicitude das axudas para emprendedores, que apoiaron 108 iniciativas na provincia en 2024
-
A Deputación amplía o Impulsa TIC con 240.000€ para renovar os servidores e os sistemas de protección informáticos en 31 concellos