Burela, 2 de decembro de 2014. A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela abre hoxe a preinscrición para que os veciños e veciñas que o desexen poidan anotarse nos novos cursos de escola de columna e ximnasia preventiva, ofertados polo Concello. O prazo para inscribirse continuará aberto ata o 16 de decembro. Posteriormente, dende o día 22 e ata o 5 de xaneiro, @s alumn@s poderán formalizar a súa matrícula. Os anotados deben estar empadroados no concello de Burela e non presentar ningún tipo de contraindicación médica. Ademais, no caso da escola de columna os participantes deberán ter máis de 18 anos, e no de ximnasia preventiva, máis de 60. As persoas interesadas poden anotarse xa fisicamente na aula de familia da Casa da Cultura para o curso de escola de columna e na praza de abastos para o de ximnasia preventiva.
Dende a Concellería de Servizos Sociais recordan que non se admitirán inscricións telefónicas e que como máximo, cada persoa só poderá anotar a outro participante a maiores nunha das dúas actividades ofertadas. Os horarios nos que se levarán a cabo as clases da escola de columna serán os luns ás 15:30 e ás 16:30 horas; os martes ás 09:00, ás 10:00 e ás 11:00; os mércores ás 19:00 e ás 20:00 horas e os venres ás 9:00, ás 10:00 e ás 11:00 da mañá. No caso da ximnasia preventiva, as clases impartiranse os luns e xoves ás 09:00, ás 10:00 e ás 11:00 horas. O límite de inscritos será de 10 persoas para cada un dos horarios ofertados na escola de columna e de 20 e 30 para os grupos participantes na ximnasia preventiva. Haberá dous grupos de trinta persoas e un de vinte.





















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



