Santiago, 2 de decembro de 2014.- “O salvamento marítimo non é susceptible de división administrativa, non se pode parcelar, porque os compromisos que ten España obrigan a manter un coordinador nacional único nestas materias”, manifestou esta mañá no Parlamento a portavoz de Administracións Públicas do Grupo Popular, Paula Prado, para rexeitar a proposición de lei do BNG que demandaba a transferencia de competencias a Galicia deste servizo. Neste sentido, engadiu que “cando hai unha emerxencia, cando hai unha catástrofe, ninguén mira quen é o titular da competencia, senón garantir un servizo público de calidade ás persoas que se atopan en perigo”.
Paula Prado afirmou que “non todo o que provén da Administración do Estado contravén o Estado autonómico, porque por riba das administracións está a prestación dun servizo público de calidade, a atención á cidadanía e especialmente ás persoas que cada días se xogan a vida no mar”. En concreto, respecto ao servizo de salvamento marítimo, seguranza e loita contra contaminación, engadiu que “non é importante quen posúa as competencias, senón como se exercen, entendendo que é clave a coordinación e a integración de medios para garantir a operatividade e atención das emerxencias”.
A portavoz popular lembrou que “a finais dos anos 90 pedíamos a competencia en Salvamento Marítimo pero a catástrofe do Prestige mudou o escenario”. Explicou que “ante unha catástrofe no mar non se mira de quen son as competencias senón que o importante é unha boa coordinación dos recursos existentes nas diferentes Administracións: Salvamento Marítimo vai máis alá do ámbito territorial dunha comunidade autónoma e proba disto é que os accidentes máis graves, cun maior impacto medioambiental, están asociados ao tráfico internacional”.
MEDIOS E RECURSOS GALEGOS
Na súa intervención, Prado subliñou que Galicia, no exercicio das súas competencias estatutarias, tense dotado de medios e recursos en materia de Salvamento Marítimo. Así, recordou que “en 2004 creouse o Servizo de Gardacostas de Galicia: un servizo público con competencias en materia de vixilancia pesqueira, control do medio mariño, prevención e loita contra a contaminación mariña e salvamento marítimo”.
“Galicia é a única comunidade autónoma que se dotou de medios propios de salvamento marítimo coa creación do Servizo de Gardacostas, que complementa aos medios do Estado”, salientou a portavoz popular. Ademais, fixo referencia ao “compromiso do actual Goberno galego coa mellora dos medios de salvamento que operan en Galicia, destinando máis de 30 millóns de euros a duplicar as tripulacións dos helicópteros, buscando a fórmula para que o servizo de emerxencias dos helicópteros estea operativo as 24 horas do día e os 365 días do ano, mercando os primeiros helicópteros de salvamento da Xunta, devolvendo as lanchas de salvamento ao mar ou evitando que desaparecera o servizo que a Lei de Pesca do bipartito quería suprimir ou privatizar”.
Paula Prado dixo que “o traspaso de competencias a Galicia ao longo do tempo caracterizouse pola existencia dun consenso autonómico básico, que neste caso non se produciu”, porque o BNG decidiu debater este texto lexislativo en primeiro lugar no Congreso dos Deputados o pasado 28 de outubro e posteriormente no Parlamento de Galicia. “O lóxico tería sido abordalo primeiro neste Parlamento e, si a proposta fose aprobada, elevada ao Congreso”, sinalou.
Ademais, lembrou que ningún deputado galego do Grupo Socialista defendeu a postura do PSOE no Congreso, “algo que agora se explica pola incongruencia de que votaron en contra da proposta en Madrid e se absteñen no Parlamento galego”.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



