Representantes da CIG industria e das fábricas de Alcoa na Coruña e San Cibrao reuníronse está semana coa dirección de Alcoa para esixir a retirada do Ere de extinción de emprego na fábrica coruñesa e tentar buscar unha solución que garanta a continuidade dos postos de traballo na industria do alumino. Principal.
O feito de que a tarifa eléctrica do estado estea chea de peaxes políticos como o de axuda ao carbón español, moratoria nuclear, custes extrapeninsulares, custes de transporte; iguales para as industrias galegas que están cerca dos centros de produción, que para as do resto do estado. Ademais de que o prezo do MW sexa sempre o valor do custe de produción daquela central que o pon máis caro no mercado, pon de manifesto a verdadeira orixe do problema, a ausencia dunha tarifa enerxética para Galiza como gran produtora.
A maiores disto hai que sumar a perversidade dun sistema onde se lles exixe a unha industria como a do aluminio que consume o 2% do total do estado e á que a enerxía eléctrica lle supón entre un 35 e un 40% dos seus custes de produción que se xogue o futuro dos máis de dous mil postos de traballo directos que xera no país nun sistema de poxa a cegas que no mellor dos casos só lle garante a supervivencia durante un ano.
Este sistema de poxas implantado polo PP substitúe a antiga tarifa G4 (eliminada polo goberno do PSOE no 2009) para grandes consumidores e xera unha enorme incerteza que impide os investimentos con un retorno superior ao ano, o que na practica ven a significar que fora das maos de pintura que se lle podan dar as fábricas estas non van a ter ningún tipo de modernización.
A CIG ve imprescindible para o mantemento da industria de base no pais, que dende o goberno galego se promova con urxencia a implantación dunha tarifa enerxética galega do mesmo xeito que se está a facer en Euskadi onde o PNV pactou co goberno central o seu apoio á última lei do Sector Eléctrico en troques dun cambio na definición de alta tensión que permitira unha rebaixa as empresas vascas dun 12% no recibo da luz.
O noso pais, ademais de ser excedentario, sufragamos parte dos custes extrapeninsulares, calculados para o ano 2013 en 1.800 millóns de euros, as primas ao carbón español, 500 millóns de euros, o transporte, a moratoria nuclear, é dicir somos abertamente solidarios porén vemos agora a insensatez de que se poña en perigo os postos de traballo da nosa industria. Por iso demandamos abertamente unha tarifa galega que abarate a enerxía para os usuarios e para a industria.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



