Lugo, 18 de decembro de 2014.- A Xunta de Goberno deste venres aprobará a contratación do 1º Plan de Conservación da rede viaria provincial, a máis extensa de España con 4.200 quilómetros, que inclúe cláusulas sociais. Con esta medida, a Deputación consegue blindar os empregos dos 80 traballadores que atenderán as estradas, posto que as adxudicatarias teñen a obriga de mantelos durante todo o prazo de execución dos contratos, que é de 4 anos; ademais de mellorar as súas condicións salariais e laborais con respecto ao Estatuto dos Traballadores e ao convenio do sector, que é o de Edificación e Obras Públicas.
A incorporación de cláusulas sociais supuxo novos criterios de valoración en defensa dos dereitos laborais na adxudicación destes contratos. Por exemplo, puntuouse o número de traballadores indefinidos ou as melloras nas condicións laborais e salariais con respecto aos convenios estatal ou sectorial. Tal e como obriga a lexislación estatal e autonómica, a oferta económica puntuou moi significativamente, pero a Deputación non permitiu baixadas desproporcionadas ou anormais no prezo a costa de reducir en gastos laborais.
Coas cláusulas sociais, as empresas teñen o obriga de cumprir coas condicións laborais que ofertaron, é dicir, manter o número de traballadores, contratos indefinidos e soldos; así como manter condicións económicas e sociais previstas no Estatuto dos Traballadores e no convenio do sector da Edificación e Obras Públicas
13,4 millóns de euros
O prezo de contratación do Plan de Conservación é de case 11 millóns de euros. A este presuposto da Deputación engádense as melloras por valor de 2,4 millóns de euros que ofreceron e asumen as adxudicatarias. Isto supón que o investimento total para a conservación da rede viaria provincial ata 2018 sexa de 13,4 millóns.
Para acadar un servizo máis centralizado e eficaz, a Deputación ten distribuída a rede provincial en 8 zonas. Cada unha contará cun dispositivo mínimo formado por 10 traballadores e 28 máquinas, co seguinte orzamento:
Zona 1: 1.603.903 euros para a conservación de 530 quilómetros de vías nos Concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba.
Zona 2: 1.547.077 euros para 618 quilómetros nos Concellos do Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova.
Zona 3: 1.582.983 euros para 668 quilómetros nos Concellos de Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.
Zona 4: 1.545.131 euros para 680 quilómetros dos Concellos de Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela.
Zona 5: 1.500.732 euros para 332 quilómetros nos Concellos de Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
Zona 6: 1.474.493 euros para os 334 quilómetros dos Concellos de Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
Zona 7: 1.601.032 euros para os 313 quilómetros dos Concellos de Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
Zona 8: 1.544.412 euros para os 738 quilómetros dos Concellos de Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.
Como en ocasións anteriores, as zonas que reciben máis recursos son aquelas que, polas súas especiais condicións orográficas e climatolóxicas, requiren unha maior atención e, polo tanto, un maior esforzo de medios e persoal.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



