No 1994 realizouse un despedimento colectivo (Expediente de Regulación de Emprego -ERE) cos traballadores que tiñan 58 ou máis. Igual ocorreu no 2004 cando se eliminaron 65 postos de traballo para a planta de Alúmina de San Cibrao, “iso que ALCOA estaba en máximos beneficios”, segundo o delegado do CSI-F en Alcoa San Cibrao, José Manuel Piñar Quesada.
Daquela, o CSI-F non asinou o acordo porque, no seu momento, propuxera que “no seu lugar se fixese un plan de Contrato de Substitución para renovar os postos con novos contratos de xente nova”. Agora, de producirse a pechadura dunha fábrica, pedimos que se realicen xubilacións anticipadas a partir dos 58 anos para deixar postos libres aos traballadores máis novos e desta forma que resulte os menos traumático posible. Pero, “para iso, debemos convencer a UXT e CCOO que se negocie con representación sindical das tres fábricas ao mesmo tempo xa que o 9 de xaneiro termínase o prazo para que os sindicatos presenten alternativas”.
En San Cibrao, segundo os propios traballadores de nóminas, “este mes de decembro será o último onde os traballadores deste departamento realizarán as nóminas para os seus traballadores xa que se lles comunicou que dita tarefa subcontratarase a unha empresa en Cataluña. Son uns 5 traballadores fixos de persoal e salvo unha compañeira que se prexubila, ao resto xa lle amargaron o Nadal posto que non saben cal será o seu futuro”.
Dáse a paradoxa que dentro deste persoal está un familiar do propio presidente do comité de empresa e que nos pillou co paso cambiado, pois estamos en plena reclamación pola defensa das fábricas de Avilés e A Coruña”. Isto demostra que non nos podemos confiar con esta empresa; xa que “sabemos que, a maiores, hai outro grupo de traballadores que verán eliminados ou subcontratados os seus postos de traballo porque se realizasen uns despedimentos acordados entre ALCOA e os propios traballadores afectados e que pola súa idade avanzada non lles parece mal a alternativa de recibir a indemnización por despedimento”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



