O Burela FS Pescados Rubén estreou 2015 con vitoria no último duelo irmandiño da primeira volta. As pupilas de Quico Otero impuxéronse 5-3 ao Poio Pescamar FSF nun duelo cunha primeira parte na que as laranxas mereceron máis ca o 1-0.
Vista Alegre presenciou unha primeira parte con dominio burelista, con tranquilidade e equilibrio entre ataque e defensa, ante un Poio expectante, con dúbidas en presión e escasa profundidade. Xa no minuto 3, Peque rozou o pau asistida por Taina de tacón, e no minuto 5, Lara tivo nos seus pés un precioso balón de Peque que non puido controlar fronte a Silvia. Rozando o ecuador do primeiro período, o lanzamento de Kiko perdeu forza antes de chegar á meta rival. Oportunamente acertada estivo Silvia ante as embestidas locais, freando a Gaby no minuto 14, tras recuperación de Taina e galopada de Peque, e no 15, con tentativa de Taina desde o chan ao bordo da liña de meta. Foron pacientes as laranxas, como advertía antes do encontro Quico Otero, e por fin obtiveron a primeira recompensa a falta de 1.55 para o descanso. Gaby inauguraba o marcador dun potente disparo raso desde fóra da área tras parede con Peque. Antes de soar a bucina, Kiko puido avantaxar as locais cun balón que se estrelou no corpo de Silvia.
Logo de perdoar moito as burelistas e merecer chegar ao descando cun marcador máis amplo, a segunda parte foi máis emocionante; certa descompensación nas filas burelistas meteu o Poio nun encontro que as pupilas de Quico Otero deberían pechar practicamente antes do descanso. Nos primeiros segundos, Jenni intentou sorprender a Jozi sen éxito, pero a posesión volveu para as zapatillas burelistas. Claudia, no minuto 22, asinou o 2-0, tras roubo de Peque, pero cando estaba celebrando Vista Alegre esta vantaxe, Souza reduciu distancias de penalti tras amarela a Gaby. Con 2-1, a ansiedade por volver poñer terra por medio incidiu nos ánimos laranxas, con certa precipitación en busca da portería rival que propiciou tamén máis traballo para Jozi nas contras do Poio. Con todo, tras unha chegada perigosa de Charo sobre a meta da pentacampioa do Mundo, no minuto 33, Taina atopou o 3-1, tras cruzamento de Shiori que intentou antes desartellar a Silvia. Apostou entón o conxunto rival por xogo de cinco con Charo como estandarte e recolleu enseguida o seu froito, no minuto 34, de Claudia por arriba. As laranxas non estaban dispostas a ceder máis e Peque aproveitou a porta baleira tan só un minuto despois. Volveu o Poio soñar coa remontada, segundos despois, co 4-3 en propia porta de Shiori. Pero o Burela FS merecía e quería os tres puntos e pelexou por eles; freou as embestidas de cinco das visitantes e intentou buscar a portería rival. No minuto 36, Shio non puido controlar o pase de Gaby fronte a Silvia, pero a falta de 1.55 minutos para o final, Peque volveu atopar a porta baleira para sentenciar co 5-3. Nos últimos segundos a 7 laranxa aínda dispuxo de dúas magníficas ocasións para ampliar distancias.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Peque, Shiori, Taina, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Kiko, Gaby
Poio Pescamar FSF: Silvia, Yoli, Souza, Claudia, Elena, cinco inicial; tamén xogaron Jenni, Charo, Paloma, Nere, Tania
Goles: 1-0, minuto 18, Gaby; 2-0, minuto 22, Claudia; 2-1, minuto 22, Souza (penalti); 3-1, minuto 33, Taina; 3-2, minuto 34, Claudia; 4-2, minuto 35, Peque; 4-3, minuto 35, Shiori (p.p.); 5-3, minuto 38, Peque
Tarxetas: Por Burela FS amarela a Gaby (minuto 22). Por Poio amarela a Paloma (minuto 7), Jenni (minuto 28), Nere (minuto 30)
Árbitros: Varela Señarís //Villarino Barja (Santiago)
Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada da Primeira División RFEF. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, 400 espectadores. Animado ambiente nas bancadas con presenza dunha nutrida afección do Poio Pescamar FSF.
*Foto: cedida por El Progreso – A Mariña






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
