Foz, 27 de xaneiro de 2015. A comisión de seguimento do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Foz reunirase este mércores para analizar o documento que irá a aprobación provisional nun pleno da corporación municipal, previsiblemente no mes de febreiro.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou este martes que “para mañá, mércores, está convocada a comisión de seguimento do plan xeral de ordenación urbana do concello de Foz, formada por representantes políticos e dos grupos de traballo cidadáns, que foi constituída no inicio deste plan. Nesa reunión vaise presentar xa o documento definitivo que irá á aprobación provisional, que se conta que sexa xa no mes de febreiro, previa valoración por parte desta comisión”.
O rexedor municipal destacou que “para o concello é fundamental que siga adiante a aprobación provisional e a resolución das alegacións, cos informes preceptivos do propio equipo redactor. Para chegar a esta aprobación provisional fíxose un traballo intenso durante case un ano, con máis de 30 administracións que informaron o plan inicial que se reenviou e que estivo a exposición ao público, coas diferentes modificacións que propuxeron todas estas organizacións, todos os informes sectoriais que se recibiron durante todo este tempo e as diferentes reunións que se tiveron con estes organismos, incluída a Dirección Xeral de Urbanismo, pois estivemos varias veces coa secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas”.
Javier Castiñeira engadiu que “para os concellos é importantísimo ter este documento. Estamos vendo que na Mariña hai varios concellos que aprobaron definitivamente o plan xeral de ordenación, como son os de Xove, Burela e Ribadeo. E Foz non pode deixar de aprobalo, porque é un documento dos máis importantes da lexislatura e do que todos se senten orgullosos por aprobalo, xa que aporta seguridade xurídica sobre a normativa urbanística aos cidadáns. É un documento que é importante para que o noso concello sexa moderno e un lugar onde se poidan facer investimentos con seguridade xurídica”.
O alcalde tamén comentou que “durante estes próximos días trataranse de resolver todas as alegacións que estean ben informadas polo equipo redactor. E a partir de agora queda un importante traballo político na corporación, que, en definitiva, é quen debe aprobalo. Polo tanto pido seriedade por parte de todos os grupos. Este documento, tal e como se prometeu, vaise presentar nesta lexislatura, sen ningún obstáculo por parte do grupo de goberno nin temor electoral, nin moito menos. Creo que é un documento que hai que sacar para adiante; e ante as coincidencias con campañas electorais cada un debe facer o que considere, pero, por suposto, o grupo de goberno actúa con responsabilidade ante todo e, dende logo, este traballo vai ter o noso apoio, o dos cinco concelleiros do Partido Popular”.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



