Ribadeo, 10 de febreiro de 2015. A Concellaría de Igualdade organiza un taller de harmonización corporal para mulleres, que se desenvolverá durante os meses de marzo e de abril na sala Sonda Norte da Casa da Xuventude. As prazas son limitadas. A inscrición ábrese hoxe no CIM. A actividade está dirixida a todas as mulleres que sufran algún tipo de dor: de espalda, de cuello, de ombros; a aquelas que padezan fibromialxia, incontinencia urinaria de orixe muscular e ás que desenvolvan unha vida sedentaria ou con actividades profesionais que conleven unha mala hixiene postural.
Segundo explica a edil Mariluz Álvarez Lastra “o taller será impartido pola fisioterapeuta colexiada e experta en cadeas musculares e ximnasia abdominal hipopresiva Sandra Saavedra Blanco. O taller de columna consta dun total de 8 sesións de 50 minutos cada a unha. Nestas sesións traballarase a corrección postural de cabeza, ombros e pelve, que xunto coa eliminación de barreiras articulares e posturales contribúe a unha boa hixiene da columna”.
A concelleira nacionalista indicou que “esta actividade vai dirixida a todas as mulleres que sufran algún tipo de dor: de espalda, cuello, ombros… Aínda que os grupos de poboación que máis se benefician deste tipo específico de taller son: persoas con fibromialxia, persoas con incontinencia urinaria de orixe muscular, persoas sedentarias ou con actividades profesionais que conleven unha mala hixiene postural. Tamén está indicado para mulleres no postparto (a partir da semana 12) ou para persoas diagnosticadas de calquera tipo de dexeneración discal”.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nestes talleres poden coñecer de primeira man os beneficios desta actividade na sesión demostrativa e gratuíta que terá lugar o 20 de febreiro na Sala Sonda Norte da Casa da Xuventude de Ribadeo. Haberá dúas sesión gratuítas unha en horario de mañá, ás 10.30 horas e outra pola tarde, ás 18.00 horas. Recomendase acudir con roupa cómoda e calcetíns antideslizantes.
O prazo de pre inscrición para estes talleres dependentes do Centro de Información a Muller do Concello de Ribadeo, estará aberto dende o este martes, 10 de febreiro. As prazas son limitadas a un máximo de 12 alumnas por grupo, polo que se procederá á matricula por rigoroso orde de pre inscrición. Haberá dous grupos con dous horarios distintos: os martes de 18.00 a 19.00 horas e os venres de 10.30 a 11.30 horas. O taller de harmonización corporal dará comezo para un dos grupos o 3 de marzo e para o outro o 6 de marzo.
As interesadas poden recibir máis información sobre o taller ou facer os seus trámites de matrícula nas oficinas do CIM de Ribadeo, situadas no Auditorio Hernán Naval, rúa Buenos Aires, 14, e nos seguintes números de teléfono 982 120 739 e 982 120 808.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



