A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Abadín, Xosé María López Rancaño, presentaron este venres na Praza de Abastos luguesa a X Feira Expogrelo que se celebra este sábado no recinto feiral de Gontán. O organismo provincial colabora un ano máis co Concello na celebración desta cita cunha achega de 3.000 euros, ao igual que fai con outro medio cento de actividades dirixidas a potenciar os principais sectores produtivos da provincia: agricultura, gandería, pesca, comercio, turismo ou artesanía a través do Plan Estratéxico de Subvencións.
No acto, no que tamén estivo presente a Tenente de Alcalde de Abadín, Begoña Gaute, a Vicepresidenta destacou que “Expogrelo é exemplo dunha cita que, máis aló do seu aspecto lúdico, supón un importante evento de promoción dos nosos produtos autóctonos de calidade, cuxa comercialización é capaz de xerar riqueza e postos de traballo na provincia. É indispensable apoiar a súa celebración”. De feito, na Terra Chá hai máis de 200 produtores que comercializan uns 400.000 quilos de grelo ao ano, xerando máis de 250 postos de traballo na Comarca.
“Nos últimos anos as vendas deste produto, que conta co distintivo de Indicación Xeográfica Protexida –IXP-, aumentaron un 40% grazas a iniciativas como Expogrelo, oportunidade que non podemos deixar escapar para potenciar a calidade dos nosos produtos e á súa comercialización como vía para revitalizar o sector primario”, sentenciou Lara Méndez.
Pola súa banda, os representantes do Concello quixeron agradecer a colaboración prestada pola Deputación ao tempo que convidaban a coñecer Abadín e a probar o seu grelo mañá sábado, 21 de febreiro.
20 produtores e 2.000 quilos
No evento gastronómico desta fin de semana tomarán parte uns 20 produtores, poñendo á venda uns 2.000 quilos de grelo. As actividades darán comezo ás 9:00 horas coa numeración das cestas de grelos, tralo que se abrirá o recinto feiral. Ás 12:30 horas terá lugar unha degustación de grelos de Abadín e, finalmente, ás 14:00 horas, daranse a coñecer os gañadores dos premios ás mellores cestas. As actividades previstas completaranse con degustacións de pratos elaborados polos locales de restauración da localidade, así como diferentes actuacións musicais.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



