No Parolando desta semana participaron en Radio Burela catro rapaces deportistas da Mariña que están a destacar moi moito nas súas modalidades deportivas. Xoel, de Foz, Campión de España de Piragüismo, xunto coa súa nai Loli. Lara, destacada futbolista, actualmente no equipo de Segunda División do Friol, acompañada da súa nai Loló. Gabriel, Campión de España de Tiro con Arco, acompañado da súa nai Ana. E Rubén, Campión de España de fútbol coa Selección Galega, na que xogaba de porteiro, xunto coa súa nai Luisa. Os rapaces contáronnos as súas importantes experiencias deportivas, como son os seus adestramentos, os momentos máis felices e máis tristes da súa traxectoria… As nais acompañantes reveláronnos tamén os detalles da vida dos seus fillos, que teñen que compaxinar estudos, vida familiar e deportes. Algúns soñan con orientar a súa vida futura en relación co deporte; outros din que non, que traballarán doutra cousa e que o deporte só é un estadio provisional nas súas vidas. Sexa como sexa, os catro (Xoel, Lara, Gabriel e Rubén) son grandes deportistas, un orgullo para todos os mariñáns.























Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



