A Asociacion Cultural Mariñá “OS AVENTADOS” presenta este venres a festa dos Aventados que se celebrará o domingo 22 de marzo en San Cibrao e na que se entregarán os premios: ÁRDELLE O EIXO, ÁRDELLE O CARRO, A TODA UNHA VIDA E Á CALIDADE DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA do 2014.
O premio ÁRDELLE O EIXO para aquela persoa, animal ou cousa do norte galego que se distinguiran polo seu labor social, político, artístico, deportivo, industruial, medioambiental e de conservación do patrimonio; mentres que o premio ARDELLE O CARRO se dedica a aquela persoa, animal ou cousa do norte galego que se distingue ó cabo do ano pola súa nefasta xestión no ámbito social, político, artístico, deportivo, industrial, medioambiental e de conservación do patrimonio.
Os premios serán en ámbolos casos unhas esculturas de cerámica do compañeiro en argalladas Otero Regal, pero non levarán consigo ningunha gratificación económica nin lucrativa.
E posteriormente, entregaranse os premios A TODA UNHA VIDA que se crearon fai 4 anos para dedicar a unha persoa pola súa traxectoria profesional, social, vital e persoal; ademais dun dos distintivos con “A” (de Aventados) DE CALIDADE, a tres, hoteleiros, hosteleiros e restauradores da Mariña de Lugo.
En anos pasados foron premiados, Díaz Pardo, Ramón Pernas, Jesús López (exalcalde de Xove), Carlos Novo Cal, Jesús Fernández, Restaurante Boavista, Restaurante O Asador, Restaurante de Cordido, entre outros.
E no aspecto negativo os premiados foron: a masiva plantación de eucaliptos, os transfugas políticos, a destrucción do patrimonio histórico e monumental, o alcalde de Barreiros, por permitir a destrucción urbanística no seu concello, a Urdangarín, como símbolo da corrupción, entre outros.
Os premios son de carácter anual e, para outorgalos, tódolos socios de OS AVENTADOS poden propoñer ás persoas que cren merecentes dos mesmos. Con esas propostas, un xurado nomeado pola xunta directiva escolle os galardoados.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



