A véspera de San Xosé ten en Ferrol un tradicional e singular engado e brillantez, cun especial tinte romántico, pois arrodease dos elementos para que sexa así: a música, a nouturnidade e, no balcón, a moza belida. Na “Noite das Pepitas” grupos musicais- guitarras, laúdes, bandurrias e violíns- saen á rúa e rondan coas súas cancións ás mozas da onomástica, percorrido que remata diante do concello e alí celébrase o anual concurso de rondallas.Ferrol foi, de sempre, terra de músicos; e a existencia de bandas militares non foi allea a tal evidencia. Acaso algún lector lembre con nós, vellas orquestras daquela bisbarra que hai mais de medio século gozaron de sona: “Bellas-López”, “López Malde”, “Bellas-Farto”, “Saratoga”, “Copacabana”: “Lamas-La Piña” (co seu popular vocalista Santi-Par); “Los Players”, “Trébol”… A afección coral prodigouse en Ferrolterra, onde “Toxos e Frores”, decano dos coros galegos, nacía o ano 1915, hai xusto cen anos.O gusto por interpretar as tonadas de moda derivaba á creación de colectivos; moitos dos cantores eran traballadores dos asteleiros e o nome de Xosefa abundaba entre as familias e as noivas. Os grupos de amigos, que se xuntaban en barberías e tabernas, terían ocasión de amosar o resultado das horas de ensaio, formando agrupacións para ofrecer as melodías ás mulleres amadas e, acaso sen sabelo, dar orixe a un espectáculo coral e musical da maior aceptación popular, que aínda hoxe esperta grande interese.Dende aquel fermoso vals de 1898, cuxo comenzo dí: “ Cuando la luz duerme / el céfiro calla./ Si de una rondalla / oyes el rumor,/ escúchala y deja/ que su amante trova/ lleve hasta tu alcoba los ecos de amor” á actualidade, son centos as cancións que, dun xeito romántico, cortés e nostálxico, cantan a fermosura e o engado da muller ferrolá: “ Al caer la noche, de su palio azul/ nacen mil estrellas: / la mas bella, tú..!/,Cual grácil paloma busca palomar, /vuela hacia tu alcoba, mi febril cantar./ En la madrugada de tu despertar/ abrirás los ojos, Pepita, y querrás soñar…!”
Nosos parabéns para Xosefas, Pepas e Pepitas.
Suso Fernández


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



