MONDOÑEDO .- O parlamentario do PP, José Manuel Balseiro, indica que defendeu unha proposición non de lei para acelerar os trámites pendentes da concentración parcelaria Mondoñedo norte, que foi rexeitada debido a que o “bipartito opúxose á acelerar a entrega das parcelas e dos títulos de propiedade”. A iniciativa que expuxo José Manuel Balseiro, foi a instancia do grupo municipal do PP de Mondoñedo que dirixe a edil Elena Candia.
Nota de Prensa
Jose Manuel Balseiro defendeu unha proposición non de lei a través da que se facía patente esta reclamación, a instancia do Grupo Municipal do Partido Popular de Mondoñedo que dirixe a edil Elena Candia.
BNG E PSOE VOTAN EN CONTRA DUNHA INICIATIVA POLA QUE SE RECLAMABA ACELERAR OS TRÁMITES PENDENTES DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA MONDOÑEDO NORTE
O PPdeG subliña que o bipartito opúxose á acelerar a entrega das parcelas e dos títulos de propiedade aos seus lexítimos propietarios
Os populares subliñan os múltiples prexuízos que están a afectar aos veciños destas parroquias mindonienses como consecuencia do mal estado das vías e dos camiños de servizo que comunican as parcelas. O acordo parlamentario proposto polo PPdeG instaba a Medio Rural a corrixilos de inmediato.
Desde a formación popular emprazan ao Goberno municipal a cumprir o seu compromiso de facer un seguimento destas obras e, neste senso, a ser conscientes dos trastornos que para os veciños destas parroquias está a provocar as demoras na finalización da concentración parcelaria así como tamén como consecuencia da obra da nova autovía.
A Mariña, 11 de setembro de 2008.- Non foi posible. O voto conxunto dos deputados do BNG e do PSOE impediu que saíra adiante unha iniciativa dos populares a través que se lle pedía á Xunta de Galicia que proceda a acelerar con urxencia o proceso de concentración parcelaria Mondoñedo Norte, que a Consellería de Medio Rural está a desenvolver nas parroquias mindonienses de Masma, Vilamor e Couboeira.
A proposta do PPdeG, defendida polo deputado mariñán José Manuel Balseiro tiña por obxecto poñer fin ao estado de indiferenza oficial que caracteriza á administración autonómica e local fronte as queixas e os trastornos que están a sufrir os veciños destas parroquias, todo iso como consecuencia da larga demora que está a sufrir o proceso de concentración parcelaria. De feito o PPdeG quixo facerse eco desta cuestión na Cámara autonómica a proposta da agrupación local de Mondoñedo que preside a edil Elena Candia.
EMENDA ENGANOSA DOS NACIONALISTAS
Máis a pesar da bondade do obxectivo final -urxir a finalización do proceso de concentración parcelaria-, “non foi posible chegar ao consenso, o BNG presentou unha emenda inaceptable pois falaba de que nestes tres últimos anos os trámites terían sufrido unha <<reactivación>>, algo que, a xuízo da demora acumulada neste trienio, e ante a magnitude das deficiencias detectadas nas pistas e camiños que dan servizo ás parcelas non só non é certo, senón que ademais suporía aceptar un engano”
Ata tal punto chegou o grado de “desinformación” empregado pola deputada nacionalista que nun momento do debate chegou incluso a falar de que Medio Rural xa finalizara a outra concentración parcelaria que afecta ao termo municipal mindoniense, isto é a das Santónigas “unha gran falsidade que calquera veciño pode corroborar”.
Balseiro emprazou precisamente aos veciños destas parroquias e do resto de Mondoñedo a “tomar boa nota, tas observar como as promesas electorais feitas polo Sr Quintana, a piques de rematar a lexislatura non se van a cumprir”
O PSOE DESAUTORIZA A TOURIÑO
“Especialmente sorprendente” foi a oposición do PSOE que votou en contra da aprobación desta proposición non de lei aínda a pesar de que a proposta do PPdeG, tal e como puxo de relevo o deputado popular, coincidía unha iniciativa anterior, datada no ano 2004, e asinada polo actual Presidente da Xunta -entonces xefe da oposición- xunto co deputado Ismael Rego. “Vemos como o PSOE non ten máis remedio que pregarse ao que se lle impón desde o BNG, incluso aínda que cheguen a desautorizar ao propio Touriño”
MAL ESTADO DE VÍAS E CAMIÑOS
Desde o Partido Popular quixeron lembrar as múltiples ocasións nas que desde o Grupo Municipal e, incluso no propio Parlamento de Galicia, denunciaron o mal estado das vías e dos camiños que dan servizo as distintas parcelas da concentración “Fochancas, buratos e accesos aínda por arranxar levan esperando tres anos, data na que os actuais responsables comprometéronse a reparalos”.
De feito, esta cuestión propiciou un enfrontamento entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Mondoñedo xa que ningunha destas administracións afirmaban ser competentes para arranxar estas deficiencias. “Os veciños asistían con perplexidade a un espectáculo bastante lamentable xa que desde a consellería que dirixe o nacionalista Alfredo Suárez Canal, ou desde o Concello lavábanse as mans, ante os problemas. As deficiencias continuarán grazas ao atrancos impostos por PSOE e BNG que impediron que prosperara a iniciativa popular que reclamaba a súa urxente corrección.”
A MAIORES, NOVOS PROBLEMAS
Por outra banda, desde o Partido Popular lembraron que os veciños da parroquia de Masma están a verse prexudicados, de xeito habitual, polo mal estado das súas infraestruturas. De feito, ás deficiencias derivadas da demora nos traballos de concentración parcelaria debemos engadir os prexuízos provocados polas obras da autovía. En ambos casos se están a detectar graves trastornos que incluso chegan a afectar á rede de abastecemento de auga, “xa que, como consecuencia da remoción dos terreos, aos fogares dos veciños chega un auga bastante turbia”.
No seu momento a agrupación local do PP en Mondoñedo emprazou ao Goberno municipal a facer un seguimento de ambas as dúas obras pero, á vista do resultado actual, “unha vez máis atopámonos coa indiferenza da administración que parece non pensar nos veciños. Ninguén fai nada por corrixilo e, desde o Partido Popular non deixaremos de denuncialo alí onde corresponda”.





















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



