Foz, 7 de abril de 2015. A corporación municipal de Foz celebrará un pleno extraordinario este xoves 9, ás 20.30 horas, para aprobar dous recoñecementos extraxudiciais de crédito que permitan pagar facturas de provedores do Concello pendentes do pasado ano 2014.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que na sesión “tratarse un único punto, que son dous recoñecementos extraxudiciais de crédito, daquelas facturas do ano 2014 que quedaron fóra de contabilidade por estar esgotada a súa partida ou chegaron tarde, cando os orzamentos do 2014 estaban xa cerrados. Estamos a falar dunha cantidade de 340.282,35 euros, que irán a cargo do remanente positivo de tesourería; e outros 1.358,24, que irán a cargo dos orzamentos deste ano 2015, aprobados recentemente. Esta segunda cantidade é dunha reclamación xudicial dun provedor.”
O rexedor municipal destacou que “é posible levar a pleno este recoñecemento extraxudicial porque existe un remanente moi positivo xerado xa que houbo partidas dos orzamentos do ano 2012 que quedaron sen gastar e que xeraron no ano 2014 máis dun millón de euros de remanente, co cal acumúlase un total de 2.288.585,14 euros. Iso significa que hai suficiente remanente para aprobar esas facturas de máis de 340.000 euros”.
Javier Castiñeira aclarou que “isto é provocado porque non se aprobaron os orzamentos do ano 2014, pois a oposición durante estes últimos anos non aprobou ningún dos orzamentos propostos polo goberno local e estiveron totalmente desactualizados dende o ano 2012, aínda que é certo que durante estes últimos meses cambiou bastante a situación posto que si se aprobaron os do 2015 e estes orzamentos están actualizados para os servizos que dá o Concello”.
O alcalde espera que os grupos da oposición “dean para diante a este recoñecemento extraxudicial e así poderemos cumprir coa solicitude do presidente da Acia de Foz de facer o pagamento o antes posible de todas as facturas do 2014 e tamén das deste ano 2015, o que xa se está a facer este mes. Hai partida orzamentaria, hai remanente e o máis importante é que hai liquidez hoxe en día na caixa do Concello; hai unha solvencia que vai permitir pagar todos aqueles gastos que estean legalmente aprobados feitos durante esta lexislatura. E se quedara algún pendente de pagar vai haber diñeiro na caixa para poder facelos efectivos cando estean legalmente aprobados. Polo tanto pedímoslle á oposición que non poña pegas a este compromiso que hai coa Acia para pagarlle a provedores que a maior parte deles son locais. E, dende logo, é unha boa nova que o Concello poida efectuar eses compromisos de pagamento”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



