BURELA, 7 Maio de 2015.- Ciudadanos Burela mantivo ao longo das últimas semanas reunións con colectivos e asociacións do municipio, para expoñer as propostas do programa electoral co que concorrerán ás próximas eleccións municipais. A finalidade destes encontros é escoitar as necesidades e propostas dos bureleses e suscitar as posibles solucións. “O noso obxectivo é consolidar un proxecto baseado no diálogo. Para iso é necesario sentarse con eles e coñecer as súas inquietudes e necesidades”, aclarou Manuel Vicente, candidato de C’S Burela.
SATISFEITOS E AGRADECIDOS
O cabeza de lista de Ciudadanos Burela fixo un balance positivo destes contactos. “Estamos moi satisfeitos polo noso traballo, xa que realizamos unha boa análise para levar a cabo unhas propostas de cambio para Burela; as cales recollemos no noso programa”, afirmou. Tamén adiantou que a formación política que C’s Burela seguirá traballando e reuníndose con distintos representantes da sociedade local. “Queremos dar as grazas a todo o mundo que nos atenderon estupendamente e que nos fixeron chegar as súas inquietudes, suxestións e propostas; ben verbalmente ou a través do noso mail”, recalcou Vicente González.
CAMPAÑA
Para Manuel Vicente, desde Ciudadanos suscítanse estas dúas semanas de campaña desde o respecto que se merecen os cidadáns de Burela. “Non imos facer malgastes, nin malgastar diñeiro, xa que entendemos que hai moitas necesidades. Imos facer unha campaña austera, pero tenaz no traballo de campaña”, concluíu o candidato ás eleccións locais do próximo 24 de maio.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



