A Pontenova, 8 de maio de 2015.- Os socialistas de A Pontenova tachan de “rastreiras” as últimas declaracións do candidato do Partido Popular sobre a denuncia realizada en días pasados, e na que o PSOE alertaba de que o alcaldable está a empregar a consulta médica para sacar un rédito electoral. Neste senso, consideran é que “é unha mágoa constatar que, con tales afirmacións, non dubide en chamar mentireiros aos veciños que se dirixiron a nós hai máis dun mes”.
“O único que facemos e trasladar as queixas dos cidadáns que, en ningún caso, as facemos propias. É máis, Darío Campos non ten que escudarse na agrupación, senón que é un máis dela”, subraian.
Para os socialistas o grave “é que non desminte as acusacións e que se escude en que en 20 anos como médico nunca tivo queixas, xa que nós non dubidamos del como profesional”, insisten.
“Con ganas e coa ilusión”
En terceiro lugar, critican que o candidato do PP afirme que o goberno dos socialistas é un proxecto esgotado. “Non só non é certo, senón que estamos coas ganas e coa ilusión coma o primeiro día, xa que senón fose así deixaríamolo”. “Ademais, e isto é moi importante, temos as nosas empresas e pagamos os impostos en A Pontenova, non coma el que, en catro anos que leva aquí, nin tan sequera se empadroou no concello; polo tanto, os veciños saben que o seu é un interés persoal”, conclúen.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



