A Constitución española di: “o ensino básico é obrigatorio e gratuíto”.
A defensora do pobo di: “o carácter gratuíto do ensino nos niveis educativos obrigatorios debería facerse extensivo aos libros de texto e material didáctico utilizado”.
O Consello Escolar do Estado di: “O libro de texto ou material didáctico que sexa preciso para impartir o ensino básico e, polo tanto, garantir o dereito fundamental á Educación, ten que ser gratuíto”.
Polo tanto, nós, as nais e pais do alumnado de ensino público esiximos que a Administración Pública forneza a todos os nosos fillos e fillas dos libros de texto que necesiten, dun xeito gratuíto e universal; e que ese fornecemento respecte ademais os principios de reciclaxe, de uso compartido, de educación no coidado e na posta en valor dos bens comúns, o que se conseguirá por medio dun sistema de préstamo universal e gratuíto, demanda permanente da comunidade educativa galega.
Entendemos que o “Fondo solidario” ficticio que se implantará en 1º e 3º de primaria e en 2º e 4º da ESO é unha irresponsabilidade manifesta do goberno da Xunta de Galicia, porque:
– Non dá cobertura ás necesidades da totalidade do alumnado galego.
– Non garante nin sequera que todas as familias cun nivel de necesidade económica demostrado vaian ter libros de texto para os seus fillos e fillas.
– Entregarán libros cun criterio casual porque só se repartirán os libros que se recollan, independentemente das necesidades que haxa que satisfacer.
– Provoca tratamentos diferenciados en cada colexio, mesmo en cada curso escolar, ao facer depender os libros dispoñibles un curso, da situación existente no curso anterior.
– Provoca situacións de diferenciación visible entre o alumnado: se tes necesidades económicas levarás libros usados, se non as tes levarás libros novos.
– Abandona a criterios subxectivos e parciais a atención dos nenos con necesidades educativas que teñan unha minusvalía inferior ao 65 % .
– Abonda na confusión sobre a necesidade de cambio de libros de texto, ao propiciar co seu silencio o cambio de libros nuns niveis, en tanto que noutros, coas mesmas razóns obxectivas, prohíbese ese cambio.
– Sobrecarga de traballo non docente, e non só burocrático senón tamén policial e inspector, ás direccións dos centros escolares, converténdoos na cara visible e culpabilizable dunha errónea planificación administrativa.
Por iso, dende a Confederación ANPAS GALEGAS reclamamos:
Que os libros de texto manteñan a súa vixencia no curso 2015-2016 en todos os niveis do ensino público obrigatorio e en todo o territorio galego; porque co mantemento obrigatorio que fai a Xunta dos libros de 3º e 5º de primaria demóstrase que a adaptación á LOMCE non precisa dun cambio de libros de texto, e as familias galegas non estamos dispostas a un investimento que pode facilmente converterse en inútil se a Lexislación educativa volve a cambiar logo das próximas eleccións xerais.
Que a Xunta de Galicia volva ao sistema de préstamo universal e gratuíto, que é demanda de toda a comunidade educativa, e que xa se demostrou como efectivamente solidario, e economicamente rendible para os presupostos públicos.
Tamén temos que dicir que concordamos co Conselleiro de Educación nas súas declaracións ao respecto do contrasentido que suporía a organización de bancos de libros paralelos aos que porá en funcionamento á Xunta de Galicia, e por iso recomendamos a todas as nosas ANPAs asociadas que a partir de agora non participen na posta en marcha de ningún banco de libros, porque entendemos que estes son competencia exclusiva da Xunta de Galicia.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



