O Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado do Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Lugo Manuel Otero (Manolo Cadramón), da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e outras autoridades, realizou este domingo a entrega dos premios aos deportistas máis destacados do Concello durante o último ano, nunha GALA celebrada no Salón de Actos do Centro Cívico ateigado de público.
A gala, que contou coa presenza de moitísimos deportistas, así como técnicos e directivos das distintas asociacións, foi conducida polo presentador xovense Rubén Pico. A mesma comezou cunha exhibición do Grupo Senior da Escola M. de Ximnasia Rítmica de Xove, contando tamén coas actuacións dun grupo de baile e música da Asociación Saiñas de Xove e do Mago Kiko.
A relación de premiados/as, segundo as distintas especialidades deportivas, foi a seguinte:
1. ATLETISMO
O premio foi para DIEGO FERNÁNDEZ VICENTE DA ACD XOVE, por converterse en campión comarcal de Campo a Través, conseguir nos Campionatos Provinciais de Atletismo a medalla de prata en 80 metros valla e en salto de lonxitude, ademais do outo en 1000 metros lisos e participar no Campionato Galego de Atletismo con moi bos resultados.
2. BALONCESTO
Premio para ROCÍO FERNÁNDEZ, GABRIELA DAYAN, CLAUDIA MAGALLANES, CANDELA FERNÁNDEZ, DAVID VAZQUEZ E DIEGO FERNANDEZ, por gustarlles tanto o baloncesto, por asistir a tódolos adestramentos durante toda a tempada e polo compromiso que teñen e por colaborar en todo coa escola de baloncesto.
3. BOLOS
Premio e para CARMEN ROCA CORRAL, DO CLUB DE BOLOS XOVE, por acadar o subcampionato de España, na categoría Feminina.
4. ESQUÍ
Premio para XEROME LÓPEZ SANTANDREU, por proclamarse campión da “Copa Cordillera Cantábrica de Esquí Alpino”, organizada polas federacións de deporte de inverno de Galicia-Asturías-Cantábria e Castela e León, tempada 2014-2015 na categoría U-12 HOMES.
• 3º Clasificado na “Audi Quattro Cup” de Valgrande-Pajares.
• 3º Clasificado no “Campeonato de Asturias”.
• 1º Clasificado no “Trofeo Cantabria”.
• 2º Clasificado no “Trofeo Coca-Cola”.
• 1º Clasificado no “Trofeo Federación, Castela e León”.
Premio para CARLOTA LÓPEZ SANTANDREU, por proclamarse campioa da “Copa Cordillera Cantábrica de Esquí Alpino”, organizada polas Federacións de deporte de inverno de Galicia-Asturías-Cantábria e Castela e León, tempada 2014-2015 na categoría U-10 DAMAS.
• 1º Clasificada na “Audi Quattro Cup” de Valgrande-Pajares.
• “Campeona de Asturias”.
• 1º Clasificada no “Trofeo Cantabria”.
• 2º Clasificada no “Trofeo Coca-Cola”.
• 1º Clasificada no “Trofeo Federación, Castela e León”.
• 1º Clasificada no “Trofeo Abilio Cadenas”.
5. FÚTBOL BASE
Premio para o EQUIPO BENXAMÍN DA ACD XOVE F-8, polo que foi considerado como equipo revelación da provincia de Lugo polo xornal O Progreso. E por ser o Campión de Liga de Segunda Autonómica Grupo Norte facendo unha copa impresionante.
6. FÚTBOL SALA BASE
Premio para o EQUIPO ALEVÍN ACD XOVE FÚTBOL SALA, por proclamarse Campión Comarcal da “Liga Escolar de A Mariña”, chegando á fase final do “Campionato Provincial de Futbol Sala”, quedando 4º e quedou 3º na “Copa de A Mariña de Fútbol Sala”.
7. FUTBOL SALA SENIOR
Premio para o A FUGA XOVE FÚTBOL SALA, DA SOCIEDADE DEPORTIVA XOVE F.S., polo ASCENSO de 3º División á 2º División Nacional B.
8. FUTBOL SENIOR OU FUTBOL 11
Premio para MAIKEL DA U. D. XOVE-LAGO, po r ser o xogador máis regular da tempada e polo gran carisma que ten dentro do Clube, a parte da súa dedicación ó fútbol base do club.
9. KARATE
Premio para LUIS ROUCO BASANTA DA ACD XOVE, por ser o que mellor fixo o exame de cinto e foi considerado polo maestro de Karate, o karateca máis completo.
10. NATACIÓN
Premio para o EQUIPO DA COPA GALEGA DO CLUB NATACIÓN XOVE, polo compriso con este deporte, xa que unha gran parte deles está a estudiar noutras localidades da xeografía galega, e sempre que poden se acercan á piscina a adestrar, e por iso, seguen a conseguir moi bos resultados en todas as competicións ás que se presentan.
11. PATINAXE ARTÍSTICA
Premio para OS EQUIPOS DE COMPETICIÓN DE PRIMARIA E SECUNDARIA, por acadar, no pasado Campionato Provincial de Patinaxe celebrado en Xove no mes de maio, o Subcampionato Provincial o equipo de Primaria e o Terceiro posto o equipo de Secundaria.
12. TENIS DE MESA.
Premio para DIEGO FERNÁNDEZ E ALEXANDRE QUINTA DO ACD XOVE TENIS DE MESA INFANTIL, por acadar o 4º posto no “Campionato Comarcal” deste ano.
13. XADREZ.
Premio para MATEO FERNÁNDEZ, SABELA RODRÍGUEZ, ALEXANDRE QUINTANA E CANDELA FERNÁNDEZ DO ACD XOVE XADREZ INFANTIL, por acadar o subcampionato nos Campionato Comarcais.
14. XIMNASIA RÍTMICA
Premio para o CONXUNTO SENIOR DA ESCOLA MUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA DE XOVE, por acadar o Campionato Galego de Base na Categoría Senior e pola súa participación no “Campionato de España”.
Por último, entregouselle un premio a Lissett Escobar, que foi a Gañadora do Concurso do Anagrama Deportivo do Concello.
Para rematar, dende o Concello quérese agradecer a todas as asociacións deportivas: ACD Xove, Club de Bolos Xove, Club Natación, Unión Deportiva Xove-Lago, S.D. Xove F.S., e a Escola Municipal de Ximnasia Ritmica a súa grande labor que, día a día, fan para o fomento do deporte entre todos os veciños e veciñas, agradecemento que queremos facer extensible á Asociación Cultural Saiñas de Xove pola súa participación nesta Gala e ao Mago KIKO.