Aprender dos erros pasados é unha virtude propia, aínda que non exclusiva, dos seres humanos. Non exclusiva porque, como é ben sabido, ata os propios animais evitan tropezar dúas veces na mesma pedra. A diferenza entre uns e outros está en que, mentres estes o fan por instinto, as persoas por reflexión.
Para evitar que a nova corporación de Ribadeo caia nos mesmos erros e tropece nas mesmas pedras, como viña a ser norma de comportamento ata agora nas anteriores corporacións, salvo raras e moi honrosas excepcións ben recentes, unhas breves reflexións dirixidas ós concellais da mal chamada oposición.
A acusada carencia de sensibilidade acerca da súa auténtica función representativa dos veciños electores adoita impulsar ós edís da chamada oposición a opoñerse case sempre nos plenos ás propostas do equipo de goberno. É dicir, opoñerse co seu voto ás propostas do equipo do goberno co único fin de obstaculizar os seus éxitos políticos.
Ignorando o verdadeiro sentido da representatividade que os electores lles outorgan nas urnas, a consigna prioritaria adoptada por eses edís consiste en antepoñer a súa militancia partidista ós verdadeiros intereses da sociedade municipal que os elixiu e á que representan.
Na súa estratexia de desprestixiar o goberno, os concelleiros da oposición pospoñen con frecuencia o verdadeiro interese dos cidadáns no tratamento dos temas municipais. E fano co único obxectivo de favorecer o interese político dos seus partidos torpedeando para iso as decisións do equipo de goberno.
Cal ha de ser así pois a función municipal da chamada oposición? Imponse unha profunda revisión deste concepto para aqueles concellais que teñen unha idea confusa da súa verdadeira función. A palabra “concellal” ten a súa orixe na latina “concilium”, que quere dicir “asamblea cidadá encargada de administrar os asuntos de todos”. A función dos edís da oposición non ha de ser a de opoñerse sen máis ás iniciativas e propostas do goberno. Nin foron elixidos para estar na oposicón nin para servir ós intereses dos seus propios partidos, senón ós dos seus cidadáns electores. O seu papel ha de ser fundamentalmente estar ó servizo dos intereses do concello apoiando co seu voto as propostas do goberno ou expoñendo e defendendo outros puntos e actuacións distintas se as consideran mellores, adoptando sempre as decisións que crean máis convenientes para os cidadáns. É lamentable comprobar como se adican a mirar para as cúpulas que os puxeron nas listas, en vez de adicarse a atender ós cidadáns que os elixiron para o seu servizo.
Hanse de desterrar dos plenos os equivocados hábitos que sobrevivían en moitos concellais da oposición ata hai pouco, con honrosas excepcións. Hábitos como os que contan algunhas actas das sesións capitulares de certa catedral nas que se reflicte que, antes de depositar a bóla branca ou a negra, os cóengos preguntaban quen era o autor da proposta. E segundo quen fora o autor, así introducíase unha bóla ou outra.
Os concellais que non saiban captar as novas sensibilidades sociais nacentes nin saiban revisar as súas actitudes como edís da oposición, antepoñendo o servizo ós veciños sobre os intereses do seu partido, obterán un rotundo rexeitamento dos cidadáns e o seu futuro na vida política será curto.
Imaxinar un concello no que todolos concellais teñan como obxetivo principal o mellor servicio ós veciños, anteponiendo en todalas súas decisión os intereses veciñais ós do pertido da súa pentenza sería algo digno de figurar no Guinness mundial.
José María Rodríguez.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



