Lugo, 22 de xuño de 2015.- A Fundación TIC presta asesoramento audiovisual aos preuniversitarios, de 4º de ESO e 1º de BAC, que participan no III Campus de Verán Xuvenciencia Lugo, organizado polo Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía (DivULGO), da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e que se desenvolverá desde este 22 de xuño ao venres día 26. A actividade foi inaugurada este luns pola Deputada en funcións de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e o Vicerreitor do campus de Lugo, Javier García Bueno.
Un equipo formado por docentes e técnicos, coa participación de bolseiros, guiarán estes días aos alumnos na realización de vídeos para a presentación dos seus proxectos. Os profesionais daranlles consellos básicos sobre gravación, edición, formatos de vídeo e porán á súa disposición as ferramentas audiovisuais que precisen para dito fin. Ademais, gravarán todas as actividades que se desenvolvan durante o campus para realizar un DVD resumo que se proxectará no acto de clausura das xornadas.
A TIC colabora co campus de Lugo nesta iniciativa, que ten como obxectivo fomentar o interese do alumnado preuniversitario pola ciencia e a tecnoloxía, ao tempo que informar das titulacións universitarias e graos de Formación Profesional que se poden estudar en Lugo.
Oferta e matrícula da EIS
A Fundación TIC, dependente da Deputación, tamén dará a coñecer aos case 100 estudantes inscritos neste Campus de Verán Científico a proposta de estudos da súa Escola de Imaxe e Son (EIS), que nestes momentos atópase en pleno proceso de matrícula para o curso 2015-2016, e que será gratuíta por oitavo ano consecutivo.
A EIS, única Escola da provincia que imparte ensinanzas no eido do audiovisual, ofrece un total de 44 prazas nos ciclos superiores de Realización e Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. As titulacións necesarias para acceder a elas son bacharelato, técnico superior ou universitaria. Os interesados teñen de prazo ata o 25 de xuño para apuntarse. Deberán cumprimentar o impreso dispoñible na web da Fundación (www.fundaciontic.org) ou na propia Escola, con sede na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n de Lugo.
A Universidade e FP, da man
Esta colaboración da TIC coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), nesta iniciativa reforza a relación entre o mundo da Universidade e o de Formación Profesional por un ensino público de calidade, xa que cada vez son máis os universitarios que buscan nos graos de FP unha especialización máis práctica das súas formacións. De feito, nos últimos anos aumentou o número de matriculados con título universitario na EIS da TIC para especializarse en audiovisual, como é o caso da rama xornalista.
Neste senso, a TIC vén apoiando á Universidade noutros proxectos como a realización de vídeos de promoción para a campaña de bolsas que leva a cabo o campus lucense para atraer estudantes; ou acollendo prácticas que alumnos da Facultade de Humanidades realizaron no Centro de Produción de Programas, que a Fundación ten no polígono do Ceao.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



