A Comunidade de Montes de Vilaestrofe e a Asociación As Espalladoras, como vén sendo habitual estes anos, organizan de forma conxunta unhas veladas de teatro afeccionado, coas que teñen pasado pola nosa aldea caseque tódolos grupos da Mariña cunha magnífica acollida entre o noso público.
Este ano, continuando coa firme aposta polo teatro da nosa comarca, celebran unha xornada o domingo 4 de outubro, a partir das 19.00 horas, no pavillón de deportes de San Román de Vilaestrofe, con entrada gratuíta, na que participarán os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, coa obra “O cazo de Sabela” e o grupo de teatro “Trípode” de Alfoz.
Os usuarios da Asociación de axuda ó Enfermo Mental a Mariña, escenificarán a súa obra “O cazo de Sabela”, que está baseada no conto “O cazo de Lorenzo”, e que trata metafóricamente a historia dunha nena que de súpeto lle cae un cazo enriba e dende ese momento ten que aprender a convivir con él. O cazo simboliza a enfermidade mental, o que supón para eles mesmos, para as súas familias, e como podemos axudar nós a normalizar esa situación e facer que sexa máis doada de levar.
A continuación, o grupo de teatro “Trípode” de Alfoz representará a obra “Xuízo anticorrupción”.
Con esta iniciativa, tanto a Comunidade como as Espalladoras, pretenden potenciar o rural do Concello de Cervo, cunhas xornadas ás que asisten veciños de San Román, Rúa, Trasbar, Castelo, Senra… dotándoo destas actividades que tanto gustan a pequenos como maiores. AS veladas de teatro afeccionado continuarán na vindeira ponte da Constitución.
Os colectivos agradecen “a tódolos grupos de teatro a súa participación e colaboración nesta iniciativa, e a todos os grupos que o longo destes anos nos viñeron prestando a súa colaboración. E, igualmente, ó Concello de Cervo, e en particular ó Sr. Alcalde, D. Alfonso Villares a súa colaboración e implicación para facer posible este evento”.





















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



