Lugo, 13 de outubro de 2015.- Juan Carlos Gónzalez Santín anunciou este martes que renuncia ao seu cargo como secretario Provincial, así como á acta de concelleiro no Concello de Lugo. Así o confirmou no transcurso dunha rolda de prensa, na que adiantou que na mesma tarde deste martes xa lle trasladou a súa decisión á dirección nacional galega e á alcaldesa da cidade; unha decisión, dixo, “que non é casual, senón que é meditada”.
O ex dirixente dos socialistas lucenses explicou que os motivos desta dobre decisión. Polo que refire á dimisión de concelleiro, sinalou que “hai uns estatutos do Partido que todos temos que cumprir, aínda que ata o de agora non se había esixido deste xeito, pois algunha persoa que leva tempo nesta situación, pero eu como xa dixen en varias ocasións entendo que os meus cargos están a disposición”.
Neste senso, González Santín optou por seguir como deputado autonómico, posto que é aquí onde ten dedicación completa. “Se me quedo como concelleiro, ao reincorporarme ao meu traballo polas mañs non podería asistir ao Concello, séndome imposible dar o servizo que se merecen os veciños de Lugo. Falei coa alcadesa e creo que é o mellor momento para facelo”. Deste xeito, recoñeceu que a súa intención era que a renuncia se fixese efectiva tamén no día de hoxe, pero por razóns organizativas esta aprobarase no próximo pleno do día 29 de outubro. Ata esa data, engadiu, “atenderei os asuntos coa mesma honestidade, pensado no que sexa mellor para os lucenses”, ao tempo que agradeceu publicamente a colaboración dos funcionarios “que traballaron con gran responsabilidade”, así como “a confianza depositada en min por parte da rexedora e dos compañeiros de goberno”.
Deste xeito Juan Carlos González Santín será substituído por Rosana Rielo, unha persoa, subliñou, “con ampla experiencia política, e que estou seguro que desempeñará o labor de concelleira de forma excepcional, como xa o demostrou con anterioridade”.
“Perda de confianza”
Polo que respecta á dimisión como secretario Provincial, destacou que esta se debe a que dende o mes de xuño “sinto que non teño a confianza do secretario Xeral de Galicia”. “Entendo que somos un partido xerarquizado e o mellor é que neste momento tome a decisión de presentar a miña dimisión. Pero quero deixar patente que eu seguirei traballando polo Partido Socialista alí onde se me necesite”, indicou.
Neste punto, tamén quixo destacar “o traballo que realizaron todos os compañeiros da executiva e que estiveron comigo ao longo destes dous anos,e que desembocaron, o pasado 24 de maio, nos mellores resultados que tivo o Partido en toda a súa historia”. “Conseguimos os obxectivos que nos marcaramos: mellorar os resultados na provincia e tamén manter a Deputación. Temos un Presidente socialista e gañamos 12 novas alcaldías. Tanto eu como a executiva que presido creo que cumprimos co traballo que se nos encomendou”, subliñou.
Neste caso, ao igual que no anterior, “non é un tema que decidín nin onte nin antonte, senón que o fixen no momento que cría que ía prexudicar menos ao Partido Socialista. Sempre respectei que a maioría dos cidadáns de Lugo querían que houbera un presidente socialista e eu non quería que a miña decisión puidera dalgunha maneira entorpecer ou puidese dificultar a chegada dun presidente socialista á Deputación. Por iso, non o fixen antes”, aseverou.
Xestión do Partido
Coa renuncia do secretario Provincial, dimite tamén o resto da executiva. “Esta é unha decisión que tomo en clave de Partido porque se o fixera en clave persoal non estaría dando esta rolda de prensa. Temos que poñer aos cidadáns de Lugo e ao Partido por riba dos intereses persoais. Traballarei dende o Parlamento, tanto dentro como fóra del, para que en decembro Pedro Sánchez sexa o próximo presidente do Goberno e o ano que vén outro socialista sexa o presidente da Xunta de Galicia. Sigo e seguirei sendo socialista, sigo e seguirei traballando por este Partido e sigo e seguirei defendendo os intereses dos cidadáns de Lugo porque creo que é a miña obriga”, concluíu Santín, quen finalizou ensalzando o traballo de afiliados, simpatizantes e cargos públicos, “pois iso foi o que nos levou a ter os resultados que tivemos”. O ex secretario Provincial tamén tivo palabras de agradecemento para os medios de comunicación, dos que gabou “o trato que lle deron ao longo destes dous últimos anos”.


















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



