Lugo 26 de outubro de 2015.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, esixiulle este luns en rolda de prensa aos deputados do BNG na Deputación de Lugo que aclaren o seu cambio de criterio na valoración dos imputados. “O BNG ten que dar unha serie de explicacións aos lucenses, xa que primeiro non quería imputados no Goberno, despois non os quería na Xunta de Goberno e agora quere a uns si e a outros non”, analizou a popular.
A voceira dos populares fixo estas declaracións en rolda de prensa trala presentación do Goberno da Deputación de Lugo e durante a que asegurou que o PSOE e o BNG repártense o poder en función dos seus intereses persoais e dunhas prebendas que seguen ocultando á cidadanía. “O novo Goberno da Deputación terá que dar conta das prebendas que oculta o seu acordo e explicar por que uns imputados poden formar parte da Xunta e outros nin tan sequera forman parte do Goberno”, engade.
Os dous códigos éticos do BNG
Elena Candia explicou que o BNG incumpre o seu código ético aínda non estando Martínez no Goberno coa presenza de outros dous imputados. “Cal é entón a vara de medir do BNG? Teñen varias categorías de imputados ou só ten que ver coas prebendas que asinaron na sombra co PSOE?”, pregúntase a popular.
“O que está claro,-engade Candia-, é que os deputados do BNG están a desautorizar definitivamente ao voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, cando aseguraba que o BNG non compartiría goberno con imputados”. Ademais, “está claro tamén que o BNG está a aplicar un código ético distinto para a Deputación que para o resto de Galicia, moito máis permisivo coa presenza de imputados no Goberno”, analiza Candia. “Como pode ser que no Concello de Lugo pediran a dimisión do exalcalde Orozco por estar imputado e, a douscentos metros ao seu carón, no pazo de San Marcos, estean dispostos a compartir Goberno con ata dous imputados?”. Polo tanto, os nacionalistas, “deben dar conta do criterio que empregan para conformar o goberno”.
Goberno inestable
A voceira dos populares lamentou que o PSOE e o BNG seguen a dar exemplo dun “espectáculo lamentable, que o único que fai e seguir danando a imaxe e a reputación da institución e o que aínda é máis grave, pospón de xeito indefinido darlle resposta aos problemas e necesidades que teñen os cidadáns da nosa provincia”. Candia asegura que “estamos ante un Goberno inestable”. “Están a demostrar con feitos que despois de tres meses non foron quen de poñerse dacordo, o que deixa entrever que no futuro non serán capaces de poñerse dacordo para gobernar”, engade.
O Goberno máis opaco da historia
Elena Candia tamén lembrou as palabras do presidente da Deputación quen dixo que todos os deputados terían responsabilidades de Goberno. “Que vara empregou tamén el agora para medir?”. En canto a Martínez, a voceira recordou que “asegurou que só estaría se era presidente, despois si estaba na Xunta de Goberno e agora non sabemos nin onde está”. Polo tanto, “demostran que con cada novo xiro, con cada nova incongruencia, con este exemplo incesante de esperpento, non están capacitados nin autorizados politicamente para gobernar”, explica Candia.
“Non houbo transparencia nas negociacións nin no resultado, non se coñece o acordo e esperan que os cidadáns confíen na súa xestión de goberno cando é o máis opaco da historia?”, conclúe a voceira dos populares.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



