Lourenzá, 13 de novembro de 2015. Os alumnos do obradoiro de emprego Serra da Cadeira II están acondicionando o entorno da fonte da Clara, na parroquia de San Adriano. Estes traballos foron supervisados pola alcaldesa, Rocío López García, e polo concelleiro de Obras, Carlos Rivas Rivas.
A rexedora municipal explicou que “esta é, entre outras moitas, algunha das actuacións que se están levando a cabo con este obradoiro de emprego aquí, no concello de Lourenzá. A finca na que se encadra esta fonte presentaba certo estado de abandono e estaba toda cuberta de maleza. Eran os propios veciños do lugar os que se encargaban de limpala para poder acceder as inmediacións da fonte a coller auga. As obras que se fixeron consistiron nun desbroce e rasanteo do terreo para a súa posterior sementeira con céspede e adecuación e limpeza da fonte e das escaleiras de acceso á mesma”.
A alcaldesa cualifica de “moi positivos este tipo de obradoiros, xa que son unha vía para que moita xente desempregada poida recibir unha formación profesional que lle permita adquirir as habilidades propias dun oficio e acceder así de xeito máis fácil ao mundo laboral. Ó mesmo tempo este tipo de obradoiros son un instrumento de colaboración cos concellos, xa que permiten actuar de xeito máis eficiente e optimizar mellor os recursos dos que dispoñemos. Son moitas as actuacións que se poden levar a cabo, todas elas orientadas á mellora dos servizos e da calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



