A Mariña, 19 de marzo de 2016.- Do 1 ao 20 de abril terá lugar a segunda edición dos Menús Arte_sáns, que organiza a Mancomunidade para promocionar A Mariña a través da cultura e da tradición. Nesta ocasión serán 10 os restaurantes e 10 tamén os artesáns de toda a comarca os que participen nesta cita.
En abril de 2015, a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense puxo en marcha a I edición dos Menús Arte_sáns, unha iniciativa gastronómica e cultural, coa que se pretende promocionar A Mariña Lucense, a través da cultura e da tradición, tanto artesá como gastronómica.
Este ano, a Mancomunidade volve apostar por este proxecto, nun ano ademais no que ten moito máis significado, xa que a Mancomunidade figura como finalista nos Premios Nacionais de Artesanía na categoría Promociona para entidades públicas, un premio que se fallará o vindeiro 31 de Marzo en Madrid, no Ministerio de Industria, Energía y Turismo e no que se recoñece a labor de divulgación e de promoción da artesanía da Mariña Lucense por parte do órgano de xestión.
Os Menús Arte_sans, polo tanto, son un proxecto turístico que ten como obxectivo principal “presentar unha Mariña feita de oficios artesáns e de gastronomía, unha mostra da tradición e da cultura que dan lugar á nosa forma de vida, para que se experimente de forma distinta e para gozala cos todos os sentidos”.
Do 1 ao 20 de abril, dez artesáns van poñer os seus traballos enriba da mesa e dez restaurantes van servir eses menús nesas pezas únicas en cada local. Con esta medida o que se pretende é contribuír á desestacionalización do turismo en tempada baixa á vez que se favorece o coñecemento da cultura local da Mariña Lucense a través dos seus oficios tradicionais e da súa gastronomía.
Os dez artesáns que participan nesta iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña son Otero Regal (ceramista de Viveiro), Miriam (ceramista de Viveiro), Francisco Fra (carpinteiro de ribeira de San Cibrao), Estéfano Gudín (ceramista de Cervo), as Redeiras de Burela, Lucía Catuxo (ceramista de Trabada), José Rodil (navalleiro de A Pontenova), Regina (restauradora de Mondoñedo), Miguel Ángel (carpinteiro de Mondoñedo) e Pilar Maravalla (artista de Ribadeo). E dez restaurantes da comarca (Area Grande, O Pantalán, O Asador, Río de Oro, Nordés, Casa Damián, Casa Franco, La Yenka, Parador de Turismo de Ribadeo e La Solana) servirán as súas propostas gastronómicas nestas creacións do 1 ao 20 de abril.
Esta iniciativa conta cunha páxina web na dirección www.menusartesans.com






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



