Burela, 22 de marzo de 2016.- De como se traballa no Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense xa falou no seu momento a profesora Lidia López Teixeiro no programa de Radio Burela Proxecto Neo, buque insignia do Modelo Burela nas ondas. Mais nestes días os compoñentes do equipo puideron comprobalo directamente, cos seus propios ollos.
A profesora Lidia ideou unhas xornadas de estudo itinerante e que comentou a proposta co alumnado, este apoiou a idea e en conxunto lla propuxeron á profesora Carmen Mejía Ruiz, a cal -ao estilo Xurxo Souto- dixo aquilo de “Avante Toda”.
Mais non só dixo “Avante Toda”, senón que tamén puxo a funda de traballo e integrouse na expedición e así chegaron a Mondoñedo, e de Mondoñedo a Viveiro, e de Viveiro a Rinlo, e Rinlo a Burela e a Cervo e Xove…
E, como pararon en Burela, coñeceron Helena e Maka, e Lavilson e Diego. E estiveron no recuncho do Doce Lecer e conversaron con Dori, xusto diante de Rosalía e de Maruxa. E a fotógrafa oficial de Proxecto Neo, Lucía Rivas, encargouse da reportaxe gráfica.





















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



