Vitoria do Burela Pescados Rubén por 1-4 no derbi galego ante o Santiago Futsal que mantén aos mariñaos en postos de Play Off polo título. O derbi tivo reminiscencias da final de Copa Galicia aínda que cun desenlace favorable para os laranxas. Aos doce segundos de xogo o brasileiro Petry acudiu á súa cita co gol para adiantar (0-1) á escuadra de Daniel Ibañes. O Santiago Futsal acusou momentáneamente o golpe recibido pero co paso dos minutos comezou a levar o peso do partido ante un Burela que cedía a iniciativa para buscar os espazos ao contragolpe. Sen ocasións claras transcorría un partido intenso e os composteláns probaban fortuna con disparos afastados sen excesivo perigo para Álex. Superado o ecuador, os burelaos estiráronse un pouco máis en ataque e nunha falta directa Chino aumentou a vantaxe (0-2). O Santiago roldaba o marco visitante pero os goles levaban firma burelesa e ao fío do descanso Iago Míguez e Petry case marcan o terceiro que evitou Iker en ambas oportunidades.
Do mesmo xeito que na final de Copa Galicia do pasado mércores, ao descanso chegouse con 0-2 favorable ao Burela Pescados Rubén e tralo paso por vestiarios, o Santiago volveu tocar música de remontada co 2-1 logrado por Hugo Sánchez, minuto 21, cun forte disparo tras apoiarse no pivote. O ambiente en Fontes do Sar aumentou os seus decibelios pero nesta ocasión os mariñaos souberon cortar a tempo a reacción compostelá. Chano recibe de costas, aguanta a embestida local e tras virarse lanza un disparo raso para bater a Iker e marcar o 1-3 que tranquilizou ao seu equipo.
O Santiago tardou pouco en relamer a súa ferida e volveu envorcarse sobre a meta de Álex que respondeu con seguridade os intentos de recortar distancias do Santiago. Xeraba certa inquietude o ataque local pero sen atopar o corredor adecuado para o camiño ao gol mentres que o Burela esperaba a súa oportunidade para matar o partido.
A case seis para o final, os santiagueses apostaron polo xogo de cinco, xusto cando o Burela completou o cupo de faltas. Non sufriron os mariñaos ante esta decisión local e Antoñito logrou, desde propia pista, finiquitar o derbi marcando o 1-4. Os últimos cinco minutos foron un querer sen convicción do Santiago Futsal ante un Burela Pescados Rubén ben plantado en defensa. Con todo decidido, os locais entraron nunha dinámica provocadora que os colexiados resolveron cun carrusel de cartóns amarelos e vermellos que derivaron en varias expulsións por bando. O marcador permaneceu inalterable e o Burela Pescados Rubén sumou tres importantes puntos no seu camiño ao Play Off.
Ficha técnica
Santiago Futsal: Iker, Hugo Sánchez, Mel, Dani Montes, Quintela –cinco inicial- Iván Rumbo, Catela, Álex Diz, Tallón, Antonio Diz, Santi, Marcos Vara.
CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Chano, Isi, Iago Rodríguez, Petry –cinco inicial- Iago Míguez, Antoñito, Chino, Bellvert, Hélder.
Goles: 0-1, m.1, Petry; 0-2, m.12, Chino; 1-2, m.21, Hugo Sánchez; 1-3, m.25, Chano; 1-4, m.35, Antoñito.
Árbitros: Cid Bragado, Martínez Torres. Cartón amarelo a Tallón, Antonio Diz, Catela, Quintela, Álex Diz expulsado por doble amarilla, Iker expulsado por vermella directa en Santiago Futsal. Cartón amarelo a Petry, Iago Rodríguez, Álex, Isi, Bellvert e expulsados Chano (vermella directa) e Daniel Ibañes en Burela Pescados Rubén.
Incidencias: Partido correspondente á 25ª xornada da Primeira División da LNFS disputado en el pavillón Multiusos Fontes do Sar de Santiago. 800 afeccionados.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
