Xove, 5 de abril de 2016.- A Aciam de Xove ultima os preparativos da Festa das Flores, que terá lugar os días 29 e 30 de abril. O obxectivo da asociación pasa por “potenciar unha cita que xa leva anos celebrándose incluíndo diversas novidades no programa no que seguimos a traballar, aínda que xa podemos dicir que está practicamente pechado”.
Xove engalanarase para a celebración desta data “decorando os locais asociados á Aciam entre os días 11 e 15 deste mes. A través das redes sociais o público poderá votar ao mellor escaparate, ao que máis lle guste. Ademais estes días iremos dándolle ideas á xente sobre o vestiario que poderá lucir o día 30, xornada na que teremos o Mercado da Festa das Flores e o xantar popular, entre outras moitas actividades”. Desde a Aciam de Xove explican que “durante todos estes días sortearemos rifas para o sorteo da cesta da asociación, que está valorada en 1.500 euros”.
A Festa das Flores dará comezo o 29 co pregón que pronunciará o actor e presentador da TVG, Roberto Vilar. Será en Chao da Aldea ás 20:30 horas. O día grande terá lugar o 30 de abril co Mercado das Flores, con misa, procesión, xantar popular “e moita festa desde a mañá ara a noite”. Todos aqueles artesáns que queiran participar no mercado o único que teñen que facer é poñerse en contacto coa asociación no seguinte correo electrónico: aciaxove@gmail.com
Ademais do 25 de abril ao 1 de maio poderase ver na sala de exposicións do centro cívico a mostra Os maios.
A Aciam de Xove anima “a todos os nosos socios a celebrar a Festa das Flores e a toda á xente do noso concello e do resto da Mariña a achegarse o día 30 a gozar do amplo número de actividades que temos preparadas para que a xornada sexa inesquecible”.



















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



