Foz, 18 de abril de 2016.- O alcalde de Foz Sr. Castiñeira fixo este martes unha invitación nos medios de comunicación ós grupos da corporación municipal para visitar as novas instalacións da residencia e centro de día, acompañados do representante de Mensajeros de la Paz que actualmente xestionan o asilo.
Que mala memoria ten o Sr. Alcalde!!!, non se acorda que xa nos fixo a invitación o luns día 4 de abril, non se acorda tampouco que o grupo municipal socialista rexeitou a invitación por considerar que non ve procedente a asistencia dun membro alleo á corporación que por riba representa a actual xestión do asilo e que o alcalde propón para que sexa o que xestione a nova residencia durante un período de dous a catro anos.
Sen embargo, algo sorprendente, o Sr. Alcalde nunca nos propuxo ter unha entrevista cos representantes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Todo o que este grupo municipal coñece sobre as posibilidades de xestión da nova residencia son por boca do Sr. Castiñeira, que parece ter decidido xa a súa postura, aínda que non exista ningún informe que garantice a súa legalidade, tamén e certo que ó alcalde de Foz non ten para nada en conta tales informes.
Como non podía ser de outra maneira o Grupo Municipal Socialista solicitará unha entrevista cos representantes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, para coñecer de primeira man cales son as distintas posibilidades que se plantexan para a xestión da nova residencia. Sempre pensando no benestar dos nosos anciáns.























Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincaron as Noites de Futbol na Praia do Torno.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



