Mondoñedo, 28 de abril de 2016.- O Concello de Mondoñedo lamenta o falecemento do sacerdote e historiador D. Enrique Cal Pardo, fillo adoptivo da localidade e trasládalle as condolencias á súa familia e amigos.
A alcaldesa, Elena Candia, quere trasladar en nome de toda a Corporación municipal as “máis sentidas condolencias” polo falecemento dunha persoa que se converteu na “voz da historia de Mondoñedo” ao que agradecen o seu “importante traballo cultural e literario e a súa encomiable achega sobre a nosa Catedral”.
Ademais de sacerdote e investigador, cunha intensa traxectoria intelectual, sacerdotal e persoal, “á que tanto lle debemos os mindonienses”, a rexedora tamén quixo subliñar o carácter amable e voluntarioso dunha persoa profundamente comprometida coa localidade, “cidade á que dedicou a súa vida, axudándonos a coñecer mellor a nosa terra” e do que hoxe “nos sentimos profundamente orgullosos”.
O seu perfil deixa de manifesto a súa vinculación con Mondoñedo, o que levou á Corporación local a aprobar o seu nomeamento como Fillo Adoptivo da localidade, en recoñecemento ao seu coñecemento da historia e a súa inmensa labor no arquivo Catedralicio.
Don Enrique Cal Pardo foi profesor de Teoloxía no Seminario Maior de Mondoñedo (Lugo) entre os anos 1946-1967. Profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelá (Santiago) entre os anos 1970 e 1992. Formador do Seminario de Mondoñedo (1946-1954). Reitor do Seminario de Mondoñedo (1956-1958). Canónigo Archiveiro da Catedral de Mondoñedo desde 1953. Deán da Catedral de Mondoñedo desde 1979. Pro-Canciller do bispado de Mondoñedo entre os anos 1958-1966. Director Diocesano do Apostolado da Oración (1958-1967).























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



