Lugo, 14 de maio de 2016.- O PSOE da Provincia de Lugo xa arrancou a planificación da campaña electoral para os vindeiros comicios xerais. O primeiro paso foi nomear ao Comité Electoral, que é o responsable de coordinar a campaña. Está integrado por 17 socialistas de todas as idades e en representación de toda a provincia: Luis Angel Lago Lage, Eduardo Vidal Baamonde, Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Sabela Sanjurjo, Óscar De la Parte, Mayra García ou Rodrigo Pavón, entre outros compañeiros.
O seguinte paso foi definir a campaña. Esta basearase en encontros veciñais, en pequenos actos e no “porta a porta”, é dicir, na busca da máxima proximidade cos cidadáns co obxectivo de abordar, conxuntamente, as súas necesidade, así como as resposta que os socialistas lles ofrece ás mesmas o seu proxecto galego.
E precisamente isto, manter encontros veciñais, é o que levaba facendo o PSOE dende o nomeamento da xestora provincial socialista. Un dos seus primeiros froitos foi o incremento de militantes, que segue a medrar de xeito significativo.
Outro exemplo da política de proximidade dos socialistas na provincia de Lugo foi a organización e celebración de xornadas informativas sobre cuestións que afectan e preocupan aos lucenses. Por exemplo, sobre o catastro, sector lácteo, servizos sanitarios, Lei do Solo, PXOM, situación das infraestruturas… Isto serviu, ademais, para incrementar a colaboración con todas as agrupacións locais do PSOE na provincia de Lugo, pois tras estas xornadas os socialistas puideron informar aos veciños dos seus respectivos Concellos e levar aos Plenos municipais mocións sobre estas cuestións en clara defensa dos intereses dos cidadáns.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



