LOURENZÁ .- Unhas 45 persoas, entre elas un técnico do Sindicato Labrego Galego e un técnico da axencia de Extensión Agraria de Mondoñedo participaron na III Xornada do Cooperativismo que se celebrou en Lourenzá, na que se presentou un “estudio de viabilidade sobre a creación dunha cooperativa comercializadora de faba”, según explicou Enma Álvarez Chao, responsable municipal de Medio Rural.
SÍNTESE DO ESTUDO
O pasado 15 de outubro a Comisión Europea dou definitivamente o visto bo a IXP Faba de Lourenzá ao inscribila no Rexistro de Denominación de Orixe Protexidas e Indicacións Xeográficas Protexidas -Regulamento (CE) nº 965/2009-, o que supón un importante pulo para a consolidación da actividade na zona. Culmina así o traballo levado a cabo polo propio Concello e como non, o traballo diario de productores e productoras.
Malia todo, dende o ano 2007 xa se contaba cunha Indicación Xeográfica provisional e válida a nivel español, que só moi poucos produtores souberon explotar para darlle maior valor ás súas vendas.
De feito, segundo datos proporcionados polo Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL), do total de fabeiros existentes na zona (estimados en máis de 150 só no concello de Lourenzá) , soamente 52 se inscribiron como produtores no Rexistro do Consello Regulador, dos cales no 2009, menos da metade declararon ter realizada a sementeira efectivamente. Así, nesta última campaña, das 152,52 ha inscritas, foron sementadas só 20 ha.
Pero o grave é que do total de produción obtida e certificada como IXP, só unha milésima parte chega ao mercado co selo correspondente e o prezo que realmente podería acadar. Os últimos datos existentes datan da campaña 2008 e amosan que das 71,7 toneladas de fabas certificadas como IXP, só se chegaron a envasar como tal 2995 quilos, é dicir apenas un 4,20%.
A explicación é sinxela. Os fabeiros, polo xeral, non envasan a súa produción, co que só poden venderlle a legume a aquelas envasadoras inscritas no rexistro correspondente do Consello Regulador da Faba de Lourenzá ou vender ao por maior perdendo o valor de faba certificada. Por outra banda, incluso parte das envasadoras se atopan con dificultades para colocar no mercado a faba envasada como IXP porque non son capaces de asumir o custe que supón a realización de comunicación comercial ou non dispoñen de produción suficiente para negociar con canles de distribución como as grandes superficies.
A venda ao por maior xera grandes diferenzas entre o prezo efectivamente percibido polo produtor e aquel que se está pagando pola faba no mercado, quedándose o intermediario co valor engadido xerado.
Neste senso, o asociacionismo dos fabeiros constituíndo unha cooperativa sería un modelo viable para solventar esta situación e crear maior riqueza no territorio ao tempo que se potenciaría e valorizaría a IXP Faba de Lourenzá.
A través do estudo realizado analízase a situación demográfica e socioeconómica do Concello para coñecer as oportunidades, ameazas, puntos fortes e puntos febles que pode supoñer a produción de faba. A continuación, profúndase nas reflexións e decisións estratéxicas que deberán de levar a cabo os promotores da cooperativa, tratando variables como o produto, o prezo, a comunicación ou a distribución, propoñendo alternativas ao respecto.
Así, sería preciso decidir sobre a oportunidade de apostar polos produtos de 5ª gama ou quedarse no envasado tradicional e venda a granel. O mesmo ocorre co tema dos prezos: é mellor a fixación dun prezo alto para posicionar a faba ou é mellor competir en volumes? No tocante aos canais de distribución, certamente deberase de facer unha aposta clara polos canais curtos ou ultracurtos, acercando o produto ao consumidor final, mais haberá que establecer os criterios oportunos para optar por unha distribución intensiva ou selectiva.
Todas estas decisións, así como o número de produtores adheridos, condicionaran en boa medida a magnitude da viabilidade do proxecto en termos económicos se ben, os números amosan claramente que a eliminación de intermediarios permitiría a percepción dunhas maiores rendas por parte dos fabeiros.
Emplazamos a tódolos asistentes a facilitar datos a empresa Proxectos e a unha próxima reunión con datos concretos que se celebrará antes do Nadal.
Os ánimos son bo, sobre todo nun momento como o actual donde o prezo no mercado, en torno aos 5,50 €/kg non cubren gastos e esforzos. O meu obxetivo é poñer a disposición dos productores os medios necesarios para a constitución da cooperativa co fin de:
1.- Abrir mercado
2.- Garantir un prezo de venta ao productor que cubra os custos de producción
3.- Obter un incremento de prezo froito da negociación conxunta da producción.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



