Ribadeo, 9 de xuño de 2016.- Terra Branca presentaba na tarde deste xoves a Rapaciña Indiana. A obra foi creada en exclusiva para a galería ribadense polos artistas Luis e Marga Robledo.
A Rapaciña Indiana xorde ao redor da celebración da terceira edición do Ribadeo Indiano que terá lugar os días 8, 9 e 10 do próximo mes de xullo. “Esta pieza da continuidad a la colección de Rapaciñas que Terra Branca ha ido presentado en los últimos meses” tal e como resaltou no acto de presentación celebrado na tarde deste xoves José Ramón Leal, propietario de Terra Branca. A Rapaciña deixou por unhas horas os seus traxes rexionais en vermello, azul e verde, para lucir o seu novo modelo, o vestido indiano.
Os seus creadores, Luís e Marga Robledo, destacaron que “el proceso creativo de esta pieza es largo, dada su evolución totalmente artesanal. El proceso comienza con el diseño gráfico digital y luego se elabora artesanalmente con metacrilato y resina”.
A presentación da Rapaciña Indiana contou coa presenza do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e do presidente de ACISA Ribadeo, David Martínez.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos ribadense remarcou que “lo increíble es que en tres años se consiguió que el Ribadeo Indiano alcanzara la importancia de otros eventos que ya llevan muchas más ediciones y que estemos asistiendo a la presentación de diversos productos en torno a esta fiesta”.
Pola súa banda o rexedor manifestou que “nos últimos tempos en Ribadeo, que era pobo de comerciantes, no que só se vendía, agora se crea como é o caso desta Rapaciña Indiana. Estamos convencidos tamén de que a arte no Ribadeo Indiano deste ano vai ter un protagonismo especial e queremos seguir con iniciativas como esta”.
A Rapaciña Indiana preséntase en varios formatos e a Galería Terra Branca ofrece esta creación, que xa está á venda, en pulseiras, broches e pendentes ademais de comercializar a súa imaxe en camisetas.
José Ramón Leal agradeceu a asistencia de todas as persoas que quixeron acompañalo esta tarde na presentación da Rapaciña Indiana. Ao acto acudiron outros artistas como Pilar Elvira Felipe, varios concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo, empresarios e clientes da galería Terra Branca.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



