Burela, 10 de xuño de 2016. As rúas máis céntricas da vila acollerán a I Carreira Nocturna Burela Bonita o vindeiro 23 de xullo a partir das 21.30 horas. O evento deportivo foi presentado hoxe polo concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, que estivo acompañado de Simón González (corredor afeccionado de Burela), Pablo Mon (co organizador) e Iván Cao “Lucas” (técnico de Deportes do Concello burelés). A proba percorrerá unha distancia de 10 quilómetros.
Nesta iniciativa tamén participa a empresa Championchip Norte e a inscrición poderá facerse na páxina web www.championchipnorte.com, o custe da inscrición será de 7 euros e nese prezo incluirase a camiseta, o seguro deportivo e o chip da carreira, que contará con premios para distintas categorías. Esta proba vai encadrarse dentro do circuito Tour Mariña que conta con 4 probas (Burela, Viveiro, Foz e Ribadeo) das que é obrigatorio participar en 3 para entrar na clasificación xeral.
O concelleiro de Deportes sinalou que “vai a ser a primeira vez que Burela conte cunha proba destas características e quero agradecer a toda a xente que se implicou na organización da mesma”. Ramiro Fernández Rey destacou que “se trata dunha carreira nocturna que fará máis bonita a proba e que tamén axudará a que a hostalería local se beneficie da mesma, que é un dos obxectivos que se busca, ademais de propiciar que xente afeccionada ao deporte do running poida vir a coñecer o noso pobo”.
Dende a organización márcanse o obxectivo de contar cando menos con 300 participantes: “a pesares de ser unha cifra ambiciosa, se está a traballar na divulgación da proba para conseguilo e queremos agradecer de antemán a colaboración que fan as empresas que están a colaborar para a financiación desta carreira e animar a todas aquelas que poidan estar interesadas en patrocinar dalgún xeito a que se poñan en contacto coa organización para poder ver a colaboración no patrocinio da proba”.
O edil de Deportes engadiu que “dende o Concello entendemos que este tipo de actuacións favorecen a vida económica e social de Burela, e dende as diferentes áreas do equipo de goberno imos traballar para que Burela teña actividade durante todo o verán tanto para os veciños como para os visitantes desta época estival e esperamos que tanto no mes de xullo como no mes de agosto Burela vaia a contar con actividades atractivas”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
