Hai hoxe vinte anos que tiraron en baixo o murado de Berlín, símbolo da división de Europa e do mundo en bloques ideolóxicos opostos. Hoxe os alemáns celébrano con ledicia e o resto dos europeos recordámolo coma un fito de cambio social e económico, cun chisco de decepción por non ter servido para mellorar a igualdade entre os territorios que se agardaba, nin ter avanzado na consolidación de Europa como idea social e política fronte a outras potencias. Pese a todo sempre hai que celebrar a caída dos valados, mais con prudencia e sen demagoxias, porque dende entón levantáronse moreas de muros en todo o mundo.
Os humanos somos seres gregarios que necesitamos vivir en grupo para o desenvolvemento persoal e social, pero tamén somos animais territoriais en diferentes dimensións: o noso fogar, as nosas leiras, as nosas propiedades, a nosa aldea, o noso campo de fútbol, o noso concello, a nosa nación. Da defensa do territorio moitas veces depende a supervivencia do grupo e hai que poñer valados e defendelo contra os individuos doutros grupos. Igualiño que calquera mamífero gregario. Os galegos, no noso mundo de minifundios, sabemos moito de murados, espiños, estremas e pedreiros en superficies moitas veces ridículas polas que se teñen perdidos vidas en actuación de carraxe irracional, pero primaria e pasional, en defensa da terra.
A Idade Media foi un paradigma de muros e murallas levantados para defensa de privilexios fronte a inimigos veciños, pero tamén fronte a fame, as enfermidades e pobreza dos propios vasalos. Dende entón a cousa non foi a menos e hoxe podemos ver como as prácticas da fronteira para marcar o territorio tense endurecido. Caeu un muro da vergoña e erguéronse en pé moreas deles polo mundo adiante.
O primeiro muro da vergoña que se nos ven á cabeza é o que levantou Israel fronte a Palestina para anexionar as súas terras, humillalos e impedir que medren economicamente. Estados Unidos levanta valados de cemento, aramios e detectores para impedir que os pobres latinoamericanos poidan poñer en perigo os privilexios dos veciños ricos do norte. España ergue un muro en Melilla para impedir o fluxo migratorio de África a Europa. Pero Marrocos ergue unha enorme muralla no deserto para impedir as incursións da Fronte Polisaria, que reclama parte dese territorio. Arabia Saudí vive confinada dentro do seu propio muro por medo aos veciños de Yemen e Irak. As comunidades chipriotas seguen separadas por unha liña verde que divide a illa e a capital. Dende que comezou a guerra no Irak, na súa capital, Bagdag, hai varias barreiras defensivas para para separar as comunidades chiitas e sunitas. En Belfast aínda perviven polo menos 88 muros, chamados eufemisticamente, de paz, que nin católicos nin protestantes queren derrubar, porque aínda teñen medo.
Pero tamén hai moreas de murados internos que se erguen en todas as grandes cidades das capitais dos países ricos. Son os que rodean os barrios da xente rica, con valados e vixilancia para manterse afastados dos sus veciños pobres, que está ao outro lado da rúa. Hai tamén outros valados invisibles, pero non menos eficaces, que dividen e marcan as distancias entre grupos humanos. Son os murados idiomáticos, relixiosos, ideolóxicos, económicos, deportivos, dixitais, sempre porque os humanos non queremos oír falar de igualdade, nin de solidariedade, nin de dignidade. Seguimos preferindo a inxustiza ao desorde e a seguridade a liberdade.
Sobra cobiza e falta caridade e empatía.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



