O Presidente, Darío Campos Conde, deu conta este xoves do “inicio dunha nova etapa na institución, na que a Deputación de Lugo está co Deporte”, aprobando este venres na Xunta de Goberno novas axudas para clubs e entidades deportivas por valor de 1 millón de euros. Os beneficiados poderán solicitar un adianto das mesmas do 80%. Outra das novidades é a incorporación de criterios sociais nas bases para a súa concesión.
Campos Conde presentou na Praza de San Marcos dúas programacións de subvencións deportivas. Fíxoo acompañado polo Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e representantes do Club Deportivo Burela Fútbol Sala, Emeve, Club Peluquería Mixta de Friol, Prone Lugo e Ensino, que agradeceron o “esforzo” do Goberno Provincial.
“Queremos darvos conta do inicio dunha nova etapa nesta institución, na que a Deputación de Lugo está co Deporte. Unha nova etapa, na que o organismo provincial baixa ao terreo de xogo para estar con todas as entidades e clubs deportivos da provincia; para apoiar ao deporte base; para potenciar a igualdade e a integración no deporte; para premiar o esforzo deportivo; ou para xerar sinerxías entre os colectivos. Hoxe facémolo de xeito simbólico, compartindo este improvisado terreo de xogo con representantes de destacados clubs deportivos da provincia. Mañá mesmo, materializaremos esta nova etapa, aprobando en Xunta de Goberno axudas de case 1 millón de euros”, apuntou o Presidente.
Subvencións de concorrencia non competitiva. Garantidas as do Breogán e CD Lugo
470.000 euros corresponden ás subvencións de concorrencia non competitiva. Estas están dirixidas a equipos da provincia que participan en campionatos oficiais federados de Primeira ou Segunda categoría absoluta estatal, e non son sociedades anónimas deportivas. “Estas últimas serían o CD Lugo e o Breogán, que, por suposto, tamén teñen garantida a súa correspondente axuda económica anual, tal e como recollemos no Orzamento de 2016”, destacou.
Os beneficiarios das axudas de concorrencia non competitiva, que por primeira vez poderán solicitar un anticipo do 80%, son os 5 clubs deportivos que hoxe participaron no acto. Sobre os mesmo Campos Conde destacou:
– “O Burela é o único club de España con equipo masculino e feminino en Primeira División de Fútbol Sala. A súa impecable traxectoria nos últimos anos é un motivo de orgullo para todos os lucenses e, en especial, para os veciños da Mariña”.
– “O Prone tamén conta cunha dilatada historia na máxima categoría do fútbol sala nacional. É unha entidade recoñecida internacionalmente, que ten unha forte aposta pola canteira, especialmente, na cidade de Lugo”.
– “O Club Peluquería Mixta de Friol é un claro exemplo de integración e igualdade deportiva. É o único equipo de fútbol feminino nesta categoría, que, por certo, recentemente, ganou a Copa Deputación de Lugo nesta categoría”.
– “Outro exemplo de igualdade deportiva é o club de baloncesto feminino Ensino. Está moi preto de cumprir catro décadas formando a numerosas promocións de xogadoras da provincia e manténdose durante este tempo na elite do deporte”.
– “Finalmente, o Emeve é a referencia do voleibol da provincia, un club que loita a diario para dar a coñecer e potenciar un deporte minoritario, polo que merece, se cabe, maior admiración”.
Subvencións de concorrencia competitiva con criterios sociais
O Executivo da Deputación tamén aprobará mañá na Xunta de Goberno axudas doutros 500.000 euros, neste caso, dirixidas a todas as entidades e clubs deportivos da provincia. Trátanse das subvencións de concorrencia competitiva para actividades federadas, eventos deportivos puntuais ou citas con carácter permanente.
En impulso á igualdade e á integración; ou en recoñecemento ao esforzo competitivo que apuntaba o Presidente, por primeira vez, se incorporan criterios sociais nas bases destas axudas económicas.
Por este motivo, valorarase, positivamente, aos equipos mixtos, femininos ou con persoas con capacidades diferentes. Tamén a aqueles que sexan de localidades pequenas, de Concellos de menos de 2.000 habitantes, especialmente do rural.
Ademais, puntuarán os resultados ou ascensos deportivos. Outra das novidades desta programación é que aumentamos o importe mínimo da subvención aos 700 euros, pois antes eran 300. O máximo por axuda é de 4.000 euros.
Por último, o Goberno da Deputación decidiu ofrecer ás entidades e clubs deportivos da provincia que finalmente resulten beneficiados un anticipo da axuda do 80%.
“En total, como dicía, poñemos en marcha novas axudas deportivas de 1 millón de euros, iniciando, deste xeito, unha nova etapa na institución, na que a Deputación de Lugo está co Deporte da Provincia”, finalizou.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



