RIBADEO (FNC) .- A Oficina de Atención ao Inmigrante organiza tres actividades que se desenvolverán ao longo do que resta deste 2009. Trátase dun concurso de fotografía, un aula intercultural de apoio e reforzo a escolares e un concerto musical.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “desde o Concello e coa axuda da Xunta levamos varios anos facendo actividades para a integración dos inmigrantes, para prestarlles axuda desde o punto de vista social, cultural e educativo”. A responsable da Oficina, Ana Prieto, explicou que “o concurso de fotografía denomínase Olladas de inmigrantes, e convídase mediante esta convocatoria a visibilizar a través da fotografía situación da vida cotiá, onde se reflexen aspectos tanto positivos como negativos do proceso de integración dos inmigrantes que residen no concello”. As fotografías poderán entregarse do 20 de novembro ata o 18 de decembro, cada participante poderá presentar dúas como máximo, e “para poder facilitar dita entrega poderán dirixirse ao telecentro de Ribadeo como á Oficina de Atención ao Inmigrante onde poderán recibir axudas para descargalas, para facer algún tipo de retoque e posteriormente envíalas ao correo electrónico dos Servizos Sociais do Concello que é: ssociais@ribadeo.org A fotos deberán ir acompañadas dun pequeño texto que resuma o que queren transmitir a través de fotografía, ademáis dun nome e un teléfono de contacto”.
A segunda das actividades organizadas é un aula intercultural de apoio e reforzo “dirixida a todos aqueles escolares que desde os centros educativos nos informen da necesidade de que asistan para poder reforzar as materias que se dan no colexio e as linguas. Estaremos en contacto continuo cos profesores e cos orientadores dos centros xa que é frecuente que ao longo do curso se incorporen neno que veñen reagrupados polos seus pais”, seguiu a relatar Ana Prieto.
E a terceira das actividades que se desenvolverán neste 2009 é un concerto previsto para ás 19.30 horas do 6 de decembro. Fernando Suárez suliñou que está enmarcado dentro do Mercado de Nadal “e será unha fusión Brasil-Galiza que rendirá homenaxe á cultura dos brasileiros porque aquí temos moitos empadroados no noA OFICINA DE ATENCIÓN AO INMIGRANTE ORGANIZA DIVERSAS ACTIVIDADES ATA FINAIS DE ANO. EN RIBADEO HAI EMPADROADOS NA ACTUALIDADE 532 EXTRANXEIROS.
Ribadeo, 18 de novembro de 2009. A Oficina de Atención ao Inmigrante organiza tres actividades que se desenvolverán ao longo do que resta deste 2009. Trátase dun concurso de fotografía, un aula intercultural de apoio e reforzo a escolares e un concerto musical.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “desde o Concello e coa axuda da Xunta levamos varios anos facendo actividades para a integración dos inmigrantes, para prestarlles axuda desde o punto de vista social, cultural e educativo”. A responsable da Oficina, Ana Prieto, explicou que “o concurso de fotografía denomínase Olladas de inmigrantes, e convídase mediante esta convocatoria a visibilizar a través da fotografía situación da vida cotiá, onde se reflexen aspectos tanto positivos como negativos do proceso de integración dos inmigrantes que residen no concello”. As fotografías poderán entregarse do 20 de novembro ata o 18 de decembro, cada participante poderá presentar dúas como máximo, e “para poder facilitar dita entrega poderán dirixirse ao telecentro de Ribadeo como á Oficina de Atención ao Inmigrante onde poderán recibir axudas para descargalas, para facer algún tipo de retoque e posteriormente envíalas ao correo electrónico dos Servizos Sociais do Concello que é: ssociais@ribadeo.org A fotos deberán ir acompañadas dun pequeño texto que resuma o que queren transmitir a través de fotografía, ademáis dun nome e un teléfono de contacto”.
A segunda das actividades organizadas é un aula intercultural de apoio e reforzo “dirixida a todos aqueles escolares que desde os centros educativos nos informen da necesidade de que asistan para poder reforzar as materias que se dan no colexio e as linguas. Estaremos en contacto continuo cos profesores e cos orientadores dos centros xa que é frecuente que ao longo do curso se incorporen neno que veñen reagrupados polos seus pais”, seguiu a relatar Ana Prieto.
E a terceira das actividades que se desenvolverán neste 2009 é un concerto previsto para ás 19.30 horas do 6 de decembro. Fernando Suárez suliñou que está enmarcado dentro do Mercado de Nadal “e será unha fusión Brasil-Galiza que rendirá homenaxe á cultura dos brasileiros porque aquí temos moitos empadroados no noso concello, en total representan o 30% do total de extranxeiros empadroados en Ribadeo e tamén queremos que sexa un punto de encontro, de comunicación e de coñecemento entre os pobos e xentes que nos expresamos baixo un tronco lingüístico común do que é o galego portugués”.
Memoria de consultas
No que vai deste 2009 a Oficina de Atención ao Inmigrante atendeu 322 consultas. Delas 42 foron relativas a reagrupacións familiares, 62 sobre información para regularizarse baixo a vía do arraigo social, 70 sobre renovacións de permisos de residencia e traballo, 29 de nacionalidade, 15 de convalidacións de estudos… houbo consultas sobre convalidacións do permisos de conducir, renovacións de pasaporte, informacións sobre o programa de retorno voluntario, visados de estudos e outras demandas de recén chegados como información para tramitar a tarxeta sanitaria, empadroamentos, escolarizacións dos nenos, etc.
Das 322 consultas o 60% foron realizadas por mulleres e o 40% restante por homes. 103 usuarios proceden de Brasil, 62 de Marruecos, 31 da República Dominicana, 12 de Colombia, 15 de Portugal e tamén de Alemaña, México, Cuba, Paraguay, Venezuela, Perú, Arxentina, Rusia, uruguay, Chile, Bolivia, Rumanía e Guatemala. O número de consultas, segundo explica Ana Prieto, “é proporcional ao número de empadroados agás no caso de países como Portugal e Rumanía nos que, tendo un elevado número de empadroados, o número de consultas é baixo, xa que ao pertencer á Unión Europea evístanse todos os trámites administrativos que teñen que realizar os extracomunitarios”.
Segundo os datos que manexa o Concello de Ribadeo, no ano 2007 había 370 extranxeiros empadroados aquí, no ano 2008 a cifra chegou aos 500 e neste 2009 está xa nos 532. Fernando Suárez dixo que “o noso concello é bastante multicultural onde cada vez hai máis xente de fora, non só do estado español senón doutros estados e doutras nacionalidades”. so concello, en total representan o 30% do total de extranxeiros empadroados en Ribadeo e tamén queremos que sexa un punto de encontro, de comunicación e de coñecemento entre os pobos e xentes que nos expresamos baixo un tronco lingüístico común do que é o galego portugués”.
Memoria de consultas
No que vai deste 2009 a Oficina de Atención ao Inmigrante atendeu 322 consultas. Delas 42 foron relativas a reagrupacións familiares, 62 sobre información para regularizarse baixo a vía do arraigo social, 70 sobre renovacións de permisos de residencia e traballo, 29 de nacionalidade, 15 de convalidacións de estudos… houbo consultas sobre convalidacións do permisos de conducir, renovacións de pasaporte, informacións sobre o programa de retorno voluntario, visados de estudos e outras demandas de recén chegados como información para tramitar a tarxeta sanitaria, empadroamentos, escolarizacións dos nenos, etc.
Das 322 consultas o 60% foron realizadas por mulleres e o 40% restante por homes. 103 usuarios proceden de Brasil, 62 de Marruecos, 31 da República Dominicana, 12 de Colombia, 15 de Portugal e tamén de Alemaña, México, Cuba, Paraguay, Venezuela, Perú, Arxentina, Rusia, uruguay, Chile, Bolivia, Rumanía e Guatemala. O número de consultas, segundo explica Ana Prieto, “é proporcional ao número de empadroados agás no caso de países como Portugal e Rumanía nos que, tendo un elevado número de empadroados, o número de consultas é baixo, xa que ao pertencer á Unión Europea evístanse todos os trámites administrativos que teñen que realizar os extracomunitarios”.
Segundo os datos que manexa o Concello de Ribadeo, no ano 2007 había 370 extranxeiros empadroados aquí, no ano 2008 a cifra chegou aos 500 e neste 2009 está xa nos 532. Fernando Suárez dixo que “o noso concello é bastante multicultural onde cada vez hai máis xente de fora, non só do estado español senón doutros estados e doutras nacionalidades”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



